← Volver atrás

Carrodeguas Castro, Ramiro-Isidro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 05/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 32 anos. Veciño de Ferrol. Mariño da Armada, cabo de artillaría das brigadas de instrución do cruceiro lixeiro Almirante Cervera.

Executado.

Cando se produce o golpe dos rebeldes, o almirante Antonio Azarola Gresillón tratou de que o alcalde Antonio Santamaría López convencera aos mariños dos barcos leais á República para que renderan as súas posicións. O comandante sublevado Manuel Vierna Belando enganou ao alcalde cunha proposta de tregua de 48 horas (tempo que precisaba para reforzar as súas posicións); Santamaría trasladou a proposta a Carrodeguas, que era o enlace e negociador dos barcos leais. Manuel Vierna conseguiu coa súa mentira un tempo primordial.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol, o día 27/08/1936, polo delito de sedición co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol ás 19:00 h.

As vicisitudes polas que pasou a dotación do dito cruceiro e algúns civís que os apoiaron, pola súa lealdade ao Goberno legal de España, foron as seguintes:

Morreron na cadea o alférez de navío Francisco Martínez Doggio (morto nun bombardeo republicano sobre Ferrol); o cabo Jesús Suárez Martínez, 26 anos, e o mariñeiro José-María Alonso Roibal, 25 anos. Tamén morreu na cadea o electricista civil Manuel Rivera Herva, 18 anos.

O día 22/08/1936 fusilaron no Arsenal ao tenente de navío Luis Sánchez Pinzón, 29 anos e o día 28 do mesmo mes pasearon ao mariñeiro Ángel Caruncho Méndez.

Executaron na Punta do Martelo do Arsenal ás 19:00 horas do día 05/09/1936 a: os cabos Ramiro-Isidro Carrodeguas Castro, 32 anos; Gerardo Picallo Rodríguez, 23 anos; Paulino Rodríguez Gilabert, 25 anos; Eugenio Salgado López, 25 anos, e Ángel Sanz Serantes, 19 anos, e os mariñeiros Pedro Rodríguez Morelló, 20 anos, e Bernardino Vila Fraguela, 19 anos.

A Juan Miró Melón, fogueiro, executárono o día 15/09/1636.

Á civil Milagros Nidáguila Fernández, 20 anos, paseárona o día 23 de setembro.

O día 25 do mesmo mes asasinaron ao comandante do cruceiro, Juan-Sandalio Sánchez Ferragut, 53 anos.

Nese mesmo mes de setembro, o día 29, sacaron das prisións da Escollera e do Plus Ultra e pasearon no cemiterio de Canido a: os cabos Isidro Grandal Velo, 30 anos; Nicanor Martínez Fernández, 37 anos; Luis Martínez García, 22 anos; os fogueiros Eusebio Faramiñán Conde, 24 anos; Castor Portas Beltrán, 25 anos; Pío Rodríguez Bouza, 24 anos, e Daniel Varela Corral, 26 anos, e o mariñeiro Secundino Iglesias Tenreiro, 23 anos.

No Castelo de San Felipe, o día 09/01/1937, fusilaron ao soldador Francisco López Ardao, 42 anos.

O día 28 dese mes executaron ás 17:00 h no Arsenal a: os cabos Antonio Mirás Varela, 26 anos; Eduardo Rodríguez Rodríguez, 40 anos, e Antonio Romero Souto, 22 anos, e os mariñeiros do Cuartel de Brigadas de Instrución do Arsenal Higinio Bruey Sánchez e, 22 anos, e Juan Yáñez Santana, 19 anos.

Na data do 14/03/1939 fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal a: o auxiliar 2º Manuel Barreiro Rey, 25 anos, e os mariñeiros Antonio Alcántara Mejía, 24 anos, e Manuel-Antonio López Iglesias, 27 anos.

Sufriron condena á pena de morte, despois conmutada pola de cadea perpetua: os civís Pablo Cancio Fernández, 48 anos, e Antonio Fernández Rodríguez, 30 anos; os cabos; Enrique Longueira Cendal, 24 anos, e Ángel Seijo Montouto, 26 anos; o fogueiro Agustín Rodeiro Cartelle, 28 anos, e o mariñeiro Ramón de la Peña Pazos, 22 anos.

Penas de cadea perpetua para: o 3º oficial artilleiro Félix Gómez Solano, 54 anos; os auxiliares 2º Antonio Bastida Pozo, 29 anos, e Amadeo Salgado Pérez, 32 anos; os cabos Francisco Martínez Ibáñez, 27 anos; Nicolás Ogando Toimil, 22 anos; Rafael Pagés García, 25 anos, e Arsenio Rivas Iglesias, 23 anos; o fogueiro Nicolás Pedreira Cruz, 23 anos, e os mariñeiros José Bustabad Lamagueiro, 21 anos; José-Joaquín Freire Román, 28 anos; Justiniano García García, 25 anos; Antonio Picos Calvo, 22 anos; Manuel Rodríguez Mouriño, 20 anos; Manuel Rodríguez Niebla, 24 anos; Antonio Seijo Rivero, 22 anos, e Enrique Vigo Teijeiro, 21 anos.

Ao civil Manuel Fernández Rodríguez, 27 anos, pena de 20 anos de cadea.

Pena de 12 anos e un día para o cabo José-María Cancio Gómez.

Condenas de dez anos para: os cabos Manuel Cendón Durán, 23 anos; Antonio Corbeira Rodríguez, 27 anos; Miguel Domínguez Gil, 24 anos; José Fernández Serrano, 22 anos; Manuel Franco Alegre, 24 anos; Ricardo Pego Rivas, 28 anos, e Francisco Ropero Viciedo, 25 anos.

Cadea por oito anos para: os cabos Jesús Cruz Cousillas, 21 anos; Fernando Lobo Martín, 26 anos; Sebastián Lozano Rojas, 27 anos; Rodolfo Murciano Riestra, 25 anos; Eduardo Rivas Fernández, 24 anos, e Lino Sánchez Bustelo, 23 anos; os mariñeiros José Martínez Diz, 21 anos, e Andrés Yáñez Fariña, 22 anos.

A seis anos de cárcere castigaron a: o auxiliar 2º Miguel Llanos Vaello, 32 anos; os cabos Plácido Cagiao Picado, 30 anos, e Francisco Izquierdo López, 26 anos; o fogueiro Julio Varela Penedo, 17 anos, e os mariñeiros Gilberto Segade Rosewarne, 23 anos, e Alfonso Verdeguer Sandoval, 20 anos.

Declararon fuxidos a: os cabos Nemesio Fernández Fernández; Antonio García Purriño; Domingo Lizuáin, e Eduardo Sánchez García, 24 anos; o fogueiro Marcelino Veiga López; e os mariñeiros Ricardo Alonso Paz, 26 anos; Evaristo Candelas Pérez, 20 anos; José-Antonio Franco Basanta, 16 anos; José López Fernández, 30 anos, e Antonio Molíns Valls, 24 anos.

Máis de 50 tripulantes obtiveron sentenza de sobresemento provisorio e puxéronos en liberdade; duns tres descoñécese o resultado da sentenza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.