← Volver atrás

Vierna Belando, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 04/08/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cabo de Palos
(Murcia)
- 06/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 51 anos. Ingresou na Escola Naval Flotante en Ferrol en 1898. Veterano da Guerra de Marrocos no acoirazado España e como comandante do destrutor Bustamante co que apoiou o desembarco de Alhucemas. Capitán de corveta en 1920, capitán de fragata en 1929 e, en 1935, xa era capitán de navío e destinárono ao Arsenal de Ferrol, onde se atopaba como xefe do Estado Maior da Base Naval cando se produce a sublevación rebelde.

Golpista.

Trasladouse á Coruña para entrevistarse co coronel rebelde Pablo Martín Alonso.

Uniuse aos sublevados desde o primeiro momento e foi un dos altos mandos que máis premeu ao vicealmirante Indalecio Núñez Quijano, xefe da Base Naval, para que declarase o estado de guerra. Ordenou o arresto do contra-almirante Antonio Azarola Gresillón, que executaron Ángel Suances Piñeiro e o seu irmán Luis Vierna Belando.

A Manuel Vierna cesouno o Goberno lexítimo nestas datas negras de Ferrol, pero o rebelde seguiu desenvolvendo o seu cargo.

Para gañar tempo contra os mariños sublevados do España e do cruceiro lixeiro Almirante Cervera, enganou ao alcalde Antonio Santamaría López cunha tregua de 48 horas; o seu engano de tregua era para gañar tempo para recibir máis reforzos e acabar cos leais ao Goberno republicano. A mentira saíulle ben.

Irmán de Luis de Vierna Belando, que no momento da sublevación á que tamén se uniu, era capitán de fragata con destino en Ferrol.

Noméano comandante do cruceiro pesado Baleares o día 28/10/1936, co que saíu de Ferrol para unirse ás forzas rebeldes que patrullaban no estreito de Xibraltar, onde realizaron traballos de vixilancia e bombardeo de poboacións costeiras. En febreiro de 1937 participou no bombardea sobre as persoas que fuxían de Málaga, na coñecida como La Desbandá, causando máis de 12.000 vítimas civís.

O día 07/09/1937 enfrontouse a dous cruceiros e sete destrutores do Goberno leal, no combate do cabo Cherchell (Alxeria). Os barcos republicanos tiveron que fuxir, pero o Baleares sufriu graves danos. Como premio por esta actuación ascendeu a contraalmirante o día 28/09/1937, entregándoselle a maiores o mando da División de Cruceiros.

Na madrugada do día 06/03/1938, cando a dita división facía unha misión de escolta de buques, avistaron a escuadra republicana, cruzáronse algúns disparos pero as dúas forzas trataron de evadirse. Atopáronse de novo e os destrutores gobernamentais, desta vez, estaban listos e cos seus torpedos afundiron o Baleares.

Co cruceiro afundíronse Manuel Vierna, todo o seu Estado Maior, o comandante do buque, 35 oficiais e 685 suboficiais e mariñeiros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.