Nacemento:
Morte:
Militar, 40 anos. Casou en outubro de 1939 con Livia Falcó Álvarez de Toledo, Marquesa de Villatorcas (nada o 22/10/1902); tiveron unha filla e un fillo: Silvia e Pablo. Veciños da Coruña. Aos 14 anos, en 1911, ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Axudante de José Sanjurjo Sacanell nas campañas da Guerra de Marrocos, onde permaneceu varias campañas, ata 1928. No ano 1929 era axudante de campo do rei Alfonso XIII.
Ao proclamarse a II República pasou á situación de dispoñible forzoso en Madrid, xurou fidelidade á República e nomeárono comandante militar de Teruel.
Sumouse o día 10/08/1932 á "Sanjurjada" en Sevilla, acción pola que o detiveron e o confinaron en Villa Cisneros, no Sáhara, de onde fuxiu o día 31/12/1932. En abril de 1935 Francisco Franco Bahamonde, xefe do Estado Maior, confioulle o mando do 3º Batallón de Cazadores de Chiclana, en Figueras.
Amnistiárono en febreiro de 1936 polo ministro de Guerra, o xeneral Nicolás Molero Lobo, pola mediación do presidente do Goberno Santiago Casares Quiroga, atendendo unha petición do alcalde da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín.
Golpista.
En febreiro de 1936, sendo coronel, déuselle o mando do Rexemento de Infantería Zamora nº 8, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña, onde se sublevou o día 20/07/1936. O día 19 dese mes, o vacilante xeneral xefe desta VIII División Orgánica, Enrique Salcedo Molinuevo, encargado por Emilio Mola Vidal para declarar o estado de guerra na Coruña, deixouse convencer polo xeneral Rogelio Caridad Pita, quen propuxera a detención de Pablo Martín Alonso, que era a persoa de máxima confianza dos conspiradores. Ocorreu que a oficialidade comprometida cos rebeldes, pola contra, detiveron a Salcedo Molinuevo e a Caridad Pita.
Martín Alonso mantiña relacións co líder da rebelión, o xeneral Emilio Mola Vidal, pola mediación do auditor militar na VIII División Orgánica Tomás Garicano Goñi.
Dirixiu a rebelión na Coruña, onde contou entre outras coa colaboración do seu amigo, o tenente coronel de Infantería Jesús Teijeiro Pérez. Declarou o estado de guerra en toda Galicia e neutralizou os escasos focos de resistencia na rexión.
Organizou as columnas galegas que saíron en socorro de Oviedo (Principado de Asturias) e que tomaron a cidade en outubro de 1936.
Participou nas frontes do Principado de Asturias, Teruel e Levante, onde mandou a 83ª División do Corpo de Exército de Galicia do Exército do Norte franquista. En marzo de 1938 ascendérono a xeneral de brigada. O día 14/06/1938 entrou en Castellón de la Plana como xeneral ao mando da 83ª.
En agosto de 1938 destinárono como gobernador militar ao Principado de Asturias co encargo da represión das guerrillas alí existentes.
No mes de marzo de 1939 recuperou o mando da 83ª e fracasou na toma de Cartagena (Murcia). Foi capitán xeral de Galicia, encargouse de sufocar os últimos conatos de resistencia en Valencia e, en agosto, novamente gobernador militar asturiano.
Ascendeu a xeneral de división en 1941 e foi director xeral de Educación. En outubro de 1944 encargouse de rechazar a invasión republicana no Val de Arán.
Acadou o grao de tenente xeneral en 1946 e designárono Xefe militar da Casa do Xefe de Estado. Director xeral da Garda Civil en 1955. Nomeárono Capitán Xeneral de Cataluña de 1957 a 1962 e ministro do Exército de 1962 a 1964; finou cando desenvolvía este último cargo. Procurador nas Cortes. Conselleiro nacional do Movimiento.
Morreu de repente, despois dunha operación de vesícula, na clínica Nuestra Señora de Loreto en Madrid, dunha embolia pulmonar. Foi o propio Franco quen presidiu o seu funeral.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.