Nacemento:
Morte:
Avogado, militar e político, 26 anos. Estudou Dereito na Universidade de Zaragoza e rematou a carreira en 1929 na Universidade Central de Madrid. En 1930 ingresou por oposición no Corpo Xurídico Militar e destinárono como auditor á Coruña, a Madrid, a Canarias, a Valladolid e a Burgos. No ano 1936 tiña o seu destino na Coruña como capitán de auditoría de guerra na VIII División Orgánica, sendo auditor de 2ª.
Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil, José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz; o comandante do Estado Maior, Fermín Gutiérrez de Soto; o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto, Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil, Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil da Coruña, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil, Fernando Monasterio Bustos.
Na movida tamén se implicaran o capitán de Artillería, Eduardo Ozores Arráiz; o capitán de Infantería, Ezequiel Román Gutiérrez; o capitán de Enxeñeiros, Ventura Osset e o capitán Xurídico, Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería Óscar Nevado Bouza, o capitán médico, Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia, Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros, José Meseguer Marín. Como non, estaban na movida elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP).
A trama descubriuna o comandante da Garda Civil, Monasterio, quen manifestou que a tentativa se programara para a madrugada do día 19/04/1936. Benito de Haro Lumbreras e José Rañal Lorenzo serían os únicos detidos por tales feitos o día 21 de abril e o 23 trasladáronos ao Castelo de San Felipe, en Ferrol, no réxime de prisión preventiva. A súa causa rematou sobresida e, de seguido, puxéronos en liberdade.
Golpista.
En 1936, cando seguía destinado na auditoría da VIII División Orgánica, na Coruña, participou no golpe dos rebeldes, actuando como enlace entre o xeneral Emilio Mola Vidal e o tenente coronel Pablo Martín Alonso, xunto cos irmáns Joaquín-María Otero Goyanes e José-María Otero Goyanes. Antes do golpe fixo visitas de tenteo ás guarnicións galegas.
Durante a guerra civil os sublevados enviárono ao Corpo de Exército de Navarra do Exército do Norte.
En 1940 era xeneral do Corpo Xurídico do Exército do Aire. En 1951 destinárono como gobernador civil a Guipúscoa e en 1966 a Barcelona. Conselleiro Nacional do Movimiento e procurador nas Cortes franquistas. O día 29/10/1969 nomeárono ministro da Gobernación e criticárono por “blando” diante da oposición antifranquista, polo que presentou a súa dimisión o día 01/05/1973 e substituíuno Carlos Arias Navarro.
No ano 1978 retirouse do exército e da política.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.