Nacemento:
Morte:
Militar e empresario, 31 anos. Casado en primeiras nupcias con María de los Ángeles Fernández-Victorio Canoura (+1940), coa que tivo un fillo: Joaquín. Logo de enviuvar casou con María-Soledad de Zuleta de Reales Carvajal (1921-1999), Marquesa de Revilla, coa que tivo dous fillos máis: Francisco e Diego. Irmán do tenente de navío da Armada José-María Otero Goyanes. Licenciado en Filosofía e Letras, incorporouse á carreira militar e no ano 1936 era tenente do Corpo Xurídico.
Golpista.
Co seu irmán José-María e o capitán do Corpo Xurídico Tomás Garicano Goñi involucrárase na trama de conspiración contra o Goberno republicano; os tres eran os contactos do golpista Emilio Mola Vidal na cidade da Coruña. Nos días previos ao golpe estes tres rebeldes reuníronse no acoirazado Jaime I, onde tiña o seu destino José-María, como oficial de derrota, e deron por sentado que o acoirazado se sumaría á sublevación militar.
Loitou no bando franquista durante a guerra civil e, o día 27/07/1936, fíxose cargo da presidencia da Deputación Provincial da Coruña.
Participou como fiscal en moitos procesamentos de militares e civís republicanos.
Acadou o grao de xeneral auditor.
No ano 1944 creou a empresa Metalúrgicas del Noroeste, con sede en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), industria do volframio e despois tamén do estaño, con explotacións en moitos países do mundo. Tamén foi o dono de Minerales Compostela e Frigoríficos del Noroeste, hoxe Frinsa.
Herdeiro dunha grande fortuna, que inclúe a Illa de Sálvora e da que os franquistas lle concederon unha cesión en réxime de usufruto por 99 anos en 1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.