← Volver atrás

Rivero de Aguilar Otero, Ramón-María

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 08/05/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fiscal, avogado e político, 35 anos. Casou en 1931 con María-Mercedes Díaz de Rábago Paseiro; cando esta morreu casou coa súa cuñada María-Teresa Díaz de Rábago Paseiro; tiveron tres fillos e tres fillas: Ramón-María, María-Teresa, Jacobo, Asunción, María del Pilar e Fernando. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1923 e en 1925 xa era profesar auxiliar na Facultade de Dereito da USC. En 1930 aprobou as oposicións de fiscais e destinárono a Pontevedra; en 1933 era fiscal na Audiencia da Coruña. Irmán do militar franquista José-María Rivero de Aguilar Otero e do farmacéutico de Santiago de Compostela Rafael Rivero de Aguilar Otero.

No ano 1933 sofre un atentado do que acusaron a Victoriano Areán Diéguez, quen resultou absolto no proceso.

Represor.

Cando se produce o triunfo do golpe militar presentouse voluntario na auditoría de guerra da VIII División Orgánica na Coruña e nomeárono fiscal co grao de tenente auditor, actuando en numerosos consellos de guerra.

Exerceu como fiscal en moitos consellos de guerra, entre eles o de Alejandro Bóveda Iglesias, para o que solicitou e conseguiu a sentenza de pena de morte, e o de Jacobo Zbarsky Kuper. Ten a dubidosa honra de solicitar e conseguir un longo carrusel de penas de morte en xuízos franquistas en toda Galicia ( Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Tui, Vigo, Ourense, Lugo...). Desde a Fiscalía acusou aos defensores da legalidade constitucional do delito de rebelión militar. Moitos compañeiros de profesión acusárono, pola súa incompetencia, de "fiscaliño".

Formou parte do sinistro grupo de fiscais auditores da Caruña nos que se contaban tamén, entre outros, Hernán Martín-Barbadillo Pául, Eugenio Pereiro Courtier, José-María Salvador Merino, Tomás Garicano Goñi, Juan de Villavicencio Pereira e Joaquín-María Otero Goyanes.

Despois de ser fiscal de Taxas en varias capitais españolas (Segovia, Palencia, Santander, Zaragoza), en xaneiro de 1945 era fiscal provincial de Facenda en Pontevedra, cargo que desenvolveu ata 1950. En novembro de 1954 nomeárono fiscal do Tribunal Supremo.

Foi moi amigo do ditador Francisco Franco Bahamonde a quen a súa familia recibía no Pazo de Faramello, en Rois (A Coruña).

Nunca sentiu pesar ou remordementos, entón ou máis tarde, pesar ou desgusto polo que sucedera. Asasinaron con premeditación e aleivosía ditando sentenzas inxustas e egoístas para “salvar la religión y el orden social” segundo a súa xustificación.

Finou nun accidente de aviación no aeroporto de Barajas, en Madrid, coa súa dona e o seu irmán Rafael, nunha viaxe de Labacolla a Barajas nun avión Bristol da compañía Aviaco; eran ás 20:10 h.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.