← Volver atrás

Zbarsky Kúper, Jacobo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Lodz
(Polonia)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Figueirido
(Pontevedra)
- 10/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dentista, 22 anos. Veciño de Pontevedra. Chegou desde Rusia cos seus pais Abraham Zbarsky Geller e Sofía Kúper Hornstein, o seu irmán Elías Zbarsky Kúper e outros parentes sobre o ano 1925, instalándose en Pontevedra; eran unha familia de dentistas e el traballaba cun tío en Vigo (Pontevedra); o seu pai exercía en Pontevedra, a nai en Vigo e o seu irmán Elías en Ferrol (A Coruña). Estudou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 1931 e 1934; graduouse na Universidade Central de Madrid en 1935. Exerceu co seu pai en Pontevedra.

Militante do PSOE.

Executado.

Cumpría o servizo militar como alférez de complemento cando, o día 19/07/1936, o nomearon o gobernador civil de Pontevedra, Alejandro Bóveda Iglesias e outros líderes republicanos, xefe das milicias antifalanxistas, coa misión de opoñerse ao golpe e defender a legalidade republicana. Contou, no medio doutros milicianos do seu grupo, cos irmáns Alejandro Gama Casalderrey, exiliado, e Faustino Gama Gasalderrey, paseado; e cos tamén irmáns Gonzalo-José Guillán Abalo, encarcerado, e Pascual Guillán Abalo, encarcerado

Logo da decisión do gobernador civil de renderse ás forzas sublevadas, decisión que Jacobo, como outros homes, non aceptou de bon grado, prendérono no pazo gobernamental o día 21/07/1936 con, entre outras persoas, o seu pai.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Deputación Provincial pontevedresa, na causa 281/37, que comezou o día 07/08/1936 e polo delito de rebelión. O fiscal era Ramón Rivero de Aguilar Otero.

Acusado de resistencia activa, de ser xefe das forzas resistentes, de ameazar cunha pistola ao gobernador se se rendía e de disparar coa súa pistola contra un hidroavión da Base de Janer, Marín (Pontevedra). O fiscal pediu a pena de morte, pena que ratificou o tribunal.

A Jacobo Zbarsky fusilárono os seus compañeiros artilleiros, ás 05:30 h do día 10 de agosto, no campo de tiro de Figueirido (Pontevedra) e despois de que non aceptara os auxilios espirituais.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.