Nacemento:
Morte:
Médico odontólogo, 54 anos. Veciño de Pontevedra. Chegou desde Rusia coa súa dona Sofía Kuper Hornstein, os seus fillos Jacobo Zbarsky Kúper e Elías Zbarsky Kúper e outros parentes sobre o ano 1925, instalándose en Pontevedra donde exerce desde 1928; eran unha familia de dentistas e el exerceu en Pontevedra, a súa dona en Vigo (Pontevedra), o seu fillo Elías en Ferrol (A Coruña) e o seu fillo Jacobo en Vigo, cun tío materno. Moi apreciado e respectado en Pontevedra.
Militante do PSOE.
Encarcerado. Paseado.
Cando se crea o Comité de Defensa da República en Pontevedra, Abraham foi un dos primeiros dirixentes políticos que se achegou ao Goberno Civil. Detido con, entre outras persoas, o seu fillo Jacobo no pazo gobernamental na tarde do día 21/07/1936.
Preso na Escola Normal de Pontevedra e, máis tarde, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Acusado de ser o xefe dunha asociación soviética e xudía que dispoñía de moitos fondos. A Garda Civil cualificouno de comunista, de ser membro do Socorro Rojo Internacional (SRI), de masón e de propagandista.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por tenencia ilícita de armas, na causa 565/36, co resultado de sentenza de absolución.
Aínda que absolto, permaneceu na cadea da Illa de San Simón.
Coa desculpa dun traslado ao cárcere de Ponte Caldelas (Pontevedra), finou paseado despois dunha saca e o seu cadáver apareceu o día 29 de decembro no cemiterio de San Amaro de Pontevedra con outros dous corpos, probablemente os de Ángel Agra Mondragón e o de Emilio Vilas Dávila.
O informe sobre a súa morte, emitido polo comandante da Garda Civil Joaquín Velarde Velarde, sinala como causa da súa morte (como en tantos outros casos) que, cando se producía o seu traslado, o coche que o facía sofre unha avaría e que, aproveitando este problema e a nocturnidade, o preso tentou fuxir, cousa que non conseguiu por resultar ferido de gravidade nos primeiros disparos que lle fixeron polas costas os que o custodiaban, feridas que lle provocaron a morte.
Os franquistas asaltaron o seu domicilio e desbalixárono.
Procesárono por responsabilidades políticas en Pontevedra e indultárono no ano 1962.
Certas fontes escriben o segundo apelido como Geyer.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.