Nacemento:
Morte:
Político, 27 anos. Veciño de San Salvador de Lérez. Irmán de Alejandro Gama Casalderrey, encarcerado, e de Manuel Gama Casalderrey, encarcerado; á súa irmá Custodia Gama Casalderrey tamén a encarceraron e denigraron.
Militante do PCE. Co seu irmán Alejandro dirixiu a Federación Cultural Deportiva Obreira de España en Pontevedra, promovendo atletas para a Olimpíada Popular de Barcelona.
Nos días anteriores ao golpe dos militares rebeldes elixírono, co seu irmán Alejandro, Alejandro Bóveda Iglesias e demais dirixentes republicanos como compoñente das milicias antifascistas que estaban baixo as ordes do dentista Jacobo Zbarsky Kúper, co obxectivo de defender o Goberno Civil de Pontevedra dos ataques dos militares sublevados.
Executado.
Logo do golpe permaneceu escapado nos montes de Lérez e en varios agochos. A presión policial sobre a familia da súa moza, que vivía en Salcedo (Pontevedra), fixo que se presentara ao médico Enrique Ballina e ao cura don Leandro del Río Carnota para que o acompañaran a entregarse.
Entregouse o día 28 de decembro e o 29 fusilárono en Pontevedra por “incurso en los bandos vigentes”.
O Informe da Delegación de Orden Público do día 25/07/1938, case que dous anos despois do seu asasinato, dicía: “Participaba en alto grado de los ideales comunistas a cuya difusión contribuyó eficazmente; gran propulsor del Socorro Rojo y organizador de las Juventudes Deportistas, que eran sus milicias rojas a las que pertenecía como uno de sus jefes, actuando activamente en prepararlos para la oposición al Movimiento Nacional habiendo el mismo ejercido resistencia armada”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.