Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 40 anos. Veciño de San Salvador de Lérez, Pontevedra. Irmán de Alejandro Gama Casalderrey, encarcerado, e de Faustino Gama Casalderrey, paseado; á súa irmá Custodia Gama Casalderrey tamén a encarceraron. No ano 1936 nomeárono administrador interino do sanatorio da Lanzada Miguel Gil Casares.
Dinamizador político e divulgador do marxismo entre a clase obreira pontevedresa nos anos trinta. Ligado desde mozo á Sociedade de Labregos de Lérez, impulsou a creación da Caixa Rural de Lérez en 1925, da que sería xerente ata 1934. Manuel foi un líder agrarista e dirixiu a Federación Comarcal Agraria de Pontevedra.
Colaborou en Nueva Aurora, El Pueblo Gallego, Vida Agraria, El Campesino e Revolución. Un dos fundadores de Juventud Lerezana, entidade cultural e recreativa.
Durante a II República elixírono concelleiro de Pontevedra na candidatura obreiro-agraria, de tendencia comunista, no ano 1931. Tamén formou parte da candidatura comunista nas eleccións xerais de 1933; era do PCE desde a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
Encarcerado. Sancionado.
Despois do golpe prendérono os golpistas e ingresárono na prisión o día 26/07/1936; deixárono en liberdade o día 18/01/1938.
Condenado a tres meses de arresto por non pagar unha sanción de 3000 pesetas, multa que se lle impuxera o día 21/10/1937.
Detido de novo o día 09/03/1938.
Xulgado en consello de guerra Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión o día 13/07/1938, na causa 317/38, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua e despois pola de 12 anos de prisión menor.
Padecía unha tuberculose ósea e percorreu varios cárceres.
Pasou a prisión atenuada en 1943, residindo no Grove (Pontevedra).
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.