← Volver atrás

Pereiro Courtier, Eugenio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 18/07/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Auditor, 45 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Estudou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou no ano 1912. No ano 1913 era auditor de guerra en Larache (Marrocos). En febreiro de 1935 nomeárono xefe da Auditoría de Guerra na Coruña, donde incoou procedementos por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Represor.

No franquismo desenvólvese como un dos sinistros auditores de guerra da VIII Rexión Militar, na Coruña, con Hernán Martín-Barbadillo Pául, José-María Salvador Merino, Ramón-María Rivero de Aguilar Otero, Tomás Garicano Goñi, Juan de Villavicencio Pereira e Joaquín-María Otero Goyanes, entre outros.

Entre outros centos de consellos de guerra, foi auditor na causa 413/36 contra os xenerais Enrique Salcedo Molinuevo e Rogelio Caridad Pita e na causa 207/36 contra José Miñones Bernárdez.

Actuou como auditor xeral no Principado de Asturias onde, para desgraza de moitos, destacou como un dos maiores represores franquistas. Descoñecía a compasión e non aceptaba ordes superiores que impediran a morte de persoas que el condenara. Ordenou o fusilamento dos xefes e oficias detidos na Fábrica de Armas de Trubia (Principado de Asturias), ainda que o propio ministro de Defensa en funcións, o xeneral da Garda Civil Luis Valdés Cavanilles, ordenara a suspensión das ditas execucións.

A fin, un dos máximos executores da represión golpista en terras asturianas e galegas.

No ano 1944 era auditor xeral e, en 1947, conselleiro togado do Consello Supremo de Xustiza Militar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha