← Volver atrás

Haro Lumbreras, Benito de

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

?. ?.

Biografía

Militar. Veciño da Coruña. Tenente coronel da Garda Civil destinado na Coruña.

Golpista. Represor.

Sendo tenente coronel da Garda Civil na comandancia da Coruña, en abril de 1936 preparou con outros militares unha tentativa de golpe militar, que se programara desde Madrid coa intención de estendela a toda España, contra o gobernador civil, Francisco Pérez Carballo. Aproveitarían os actos de celebración dos actos de aniversario da proclamación da II República para matar ao gobernador, alegando para a saída das tropas á rúa un previsible ataque comunista contra o Goberno Civil.

Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz, o comandante do Estado Maior Fermín Gutiérrez de Soto, o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil Fernando Monasterio Bustos.

A esta movida tamén se uniran o capitán de Artillería Eduardo Ozores Arráiz, o capitán de Infantería Ezequiel Román Gutiérrez, o capitán de Enxeñeiros Ventura Osset e o capitán Xurídico Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería Óscar Nevado Bouza, o capitán médico Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP). Unha vez descuberta a tentativa rebelde, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.

A trama descubriuna o comandante da Garda Civil, Monasterio, quen manifestou que o intento rebelde programárase para a madrugada do día 19/04/1936. Benito de Haro Lumbreras e José Rañal Lorenzo serían os únicos detidos por tales feitos o día 21 de abril e o 23 trasladáronos ao Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña), no réxime de prisión preventiva. A súa causa rematou sobresida e enseguida os puxeron en liberdade.

Despois do pronunciamento nomeárono Xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, despois do Terzo e, tamén, xefe provincial das Milicias Nacionais, adicándose entre outras cousas á intensa persecución da masonería.

Na provincia da Coruña chegaron a estar activas, no desenvolvemento da II República, unhas dez asociacións masónicas que pronto se converteron en obxectivo dos rebeldes. Os encargados da persecución serían os milicianos do grupo Caballeros de La Coruña, que dirixía Benito de Haro. O Cine Hércules era a sede de dúas destas loxas masónicas.

Despois do remate da guerra civil acadaría o xeneralato na Garda Civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.