Nacemento:
Morte:
Militar e escritor, 57 anos. Solteiro. Veciño da Coruña. A súa nai era natural de Vilalba (Lugo). Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no ano 1896. Participou nas campañas africanas. No ano 1936 era tenente coronel do Rexemento Zamora na capital coruñesa.
Coñecido por Sobaco Ilustrado pois sempre levaba un libro baixo o brazo; testemuñas afirman que o dito libro estaba oco e dentro levaba un espello e un peite.
Sendo alcalde, Alfredo Suárez Ferrín recorreu a Santiago Casares Quiroga con recomendacións para que o coronel Pablo Martín Alonso e o tenente coronel Óscar Nevado Bouza, para anular unhas denuncias contra eles; ningún dos dous militares o axudaron no seu consello de guerra sumarísimo a Alfredo Suárez Ferrín, que o levaría á morte.
Golpista.
Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz, o comandante do Estado Maior Fermín Gutiérrez de Soto, o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil Fernando Monasterio Bustos.
A esta movida tamén se uniran o capitán de Artillería Eduardo Ozores Arráiz, o capitán de Infantería Ezequiel Román Gutiérrez, o capitán de Enxeñeiros Ventura Osset e o capitán Xurídico Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería Óscar Nevado Bouza, o capitán médico Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP). Unha vez descuberta a tentativa rebelde, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.
Participou no golpe dos sublevados na Coruña e, por méritos de guerra, nomeárono gobernador militar de Toledo do 22 de outubro de 1936 ata 26 de novembro do mesmo ano. En marzo de 1937, co grao de coronel, acadou o mando do Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica, integrado no Corpo de Exército de Galicia do Exército do Norte franquista, que tomou parte en todas as accións de importancia da guerra civil.
Ao remate do conflito instalouse na Coruña, onde presidiu o Casino e colaborou con El Correo Gallego.
Académico non numerario da Real Academia Galega (RAG) desde decembro de 1940.
Xubilouse en 1941 e ascendérono a xeneral de brigada honorario en 1942.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.