Nacemento:
Morte:
Enxeñeiro industrial, militar e político, 33 anos. Casado con Mercedes López Companioni; tiveron sete fillos. Ingresou no Corpo de Artillería no ano 1919. Participou na Guerra de Marrocos. Era capitán axudante do Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica na Coruña.
Golpista.
Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz, o comandante do Estado Maior Fermín Gutiérrez de Soto, o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil Fernando Monasterio Bustos.
A esta movida tamén se uniran o capitán de Artillería, Eduardo Ozores Arráiz, o capitán de Infantería Ezequiel Román Gutiérrez, o capitán de Enxeñeiros Ventura Osset e o capitán Xurídico Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería Óscar Nevado Bouza, o capitán médico Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP). Unha vez descuberta a tentativa rebelde, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.
A trama descubriuna o comandante da Garda Civil, Monasterio, que manifestou que a tentativa rebelde se programara para a madrugada do día 19/04/1936. Benito de Haro Lumbreras e José Rañal Lorenzo foron os únicos detidos por tales feitos o día 21 de abril e o 23 trasladados ao Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña), no réxime de prisión preventiva. A súa causa rematou sobresida e enseguida os puxeron en liberdade.
Participou activamente nos movementos rebeldes como enlace da súa unidade cos golpistas, mantendo contactos con Rañal Lorenzo. Este achegamento aos sublevados valeulle para que, despois do golpe, se encargara da garda municipal da cidade.
Co ex-alcalde Manuel Casas Fernández, defendeu ao alcalde Alfredo Suárez Ferrín no procesamento que se levou a cabo na súa contra.
Participou na defensa doutros imputados polos franquistas.
Membro das columnas galegas dos sublevados que combateron na fronte do Principado de Asturias, para romper o cerco de Oviedo; tamén loitou nas frontes de Teruel, Alfambra e Levante. En xullo de 1944 acadou o grao de tenente coronel. Sería recompensado co grao de xeneral honorario de Artillería.
Alcalde franquista da Coruña do día 06/02/1946 ao día 13/05/1947; no seu mandato creouse o Trofeo Teresa Herrera.
Procurador nas Cortes franquistas en 1946 e 1947. Membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.