Nacemento:
Morte:
Garda Civil, 41 anos. Veciño de Pozoblanco (Córdoba). En 1929 acadou o grao de capitán. Incorporado na Comandancia da 3ª Compañía da Garda Civil na Coruña desde o día 01/10/1927. Participou nas campañas de África.
No ano 1932 coincidiu con Francisco Franco Bahamonde nun acto do presidente Manuel Azaña Díaz na Coruña, onde Franco foi quen de facer comentarios, que reprobaban a situación creada pola II República.
O día 23/09/1933 casou en segundas nupcias, era viúvo con dúas filas, con Carmen García Arvás, de Valdemoro (Madrid).
Durante a folga xeral de decembro de 1933 saíu coas tropas á rúa en Betanzos, Cambre e A Coruña, para enfrontarse aos folguistas da CNT.
Golpista.
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 actuou como enlace nas diferentes guarnicións de Galicia para a preparación da insurrección militar.
Na noite do 18 ao 19 de abril de 1936 tentou un golpe militar, que se ordenara desde Madrid coa intención de estendelo a toda España, contra o gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo; a tentativa rebelde, que se baseaba para sacar as tropas á rúa nun previsible intento comunista de tomar o Goberno Civil, rematou desactivada e a Rañal procesárono na causa 66/36 polo delito de sedición militar. Con el arrestaron e procesaron ao tenente coronel da Benemérita, Benito de Haro Lumbreras. Xulgados entre o 21 e o 23 de abril, pronto os puxeron en liberdade. Tamén se unira a esta tentativa o capitán do Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica na Coruña, Eduardo Ozores Arraiz.
Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz, o comandante do Estado Maior Fermín Gutiérrez de Soto, o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil Fernando Monasterio Bustos.
A esta movida tamén se uniran o capitán de Artillería Eduardo Ozores Arráiz, o capitán de Infantería Ezequiel Román Gutiérrez, o capitán de Enxeñeiros Ventura Osset e o capitán Xurídico Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería Óscar Nevado Bouza, o capitán médico Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP). Unha vez descuberta a tentativa rebelde, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.
Cando se produce o golpe militar de xullo trasladárano con destino forzoso a Pozoblanco, onde liderou o alzamento contra a República. A cidade recuperárona os republicanos o 15 de agosto e a máis de 150 gardas civís e dereitistas detivéronos e conducíronos a Valencia; entre eles estaba José Rañal. Trasladados a Valencia na tarde do día 15, chegaron á capital do Turia o día 16 e enviáronos ao vapor Legazpi.
A Rañal paseárono o día 18 de agosto, nunha saca do Legazpi; posiblemente o axustizou o anarquista valenciano José Pellicer García.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.