← Volver atrás

Vierna Belando, Luis

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Vilagarcía de Arosa
(Pontevedra)
- 23/11/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 19/12/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 47 anos. No ano 1914 ingresa na Escola Naval de San Fernando (Cádiz). Mariño da Armada. Irmán de Manuel Vierna Belando, tamén mariño. Capitán de corveta na II República e, en 1935, capitán de fragata.

Golpista.

Cando se produce a sublevación fascista era segundo comandante do acoirazado Jaime I, do que era comandante Julio Iglesias Abelaira. Luis era un dos moitos oficiais do barco que se querían sumar aos rebeldes. O barco tomouno a tripulación, levárono ao Estreito de Xibraltar e puxérono baixo a dependencia da República.

No momento do golpe de Estado achábase en Ferrol (A Coruña), participou con Ángel Suances Piñeiro e por orde do seu irmán Manuel Vierna Belando, no arresto domiciliario do 2º xefe da Base Naval e xefe do Arsenal Antonio Azarola Gresillón.

O día 04/08/1936 nomeárono comandante do acoirazado España e, tempo despois, xefe do Estado Maior da Escuadra a bordo do cruceiro Canarias. Ascende a capitán de navío ese ano.

O día 31/12/1939 a Luis Vierna designárono xefe do Estado Maior do Departamento Marítimo de Ferrol.

Almirante en 1951 e capitán xeral de Cartagena (Murcia); en 1958 pasa á reserva.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha