← Volver atrás

Villar Torres, Domingo

Alcume: Domingo de Cancela
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido

Nacemento:

A Cancela, San Martiño de Condes, Friol
(Lugo)
- 17/06/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 23 anos. Aos 14 anos marchou traballar ás minas de Matarrosa de Sil, Toreno (León).

En 1931 afiliouse á UXT e ao PSOE en Matarrosa de Sil.

Por mor da súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, despedírono do seu traballo e readmitírono, despois do trunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de 1936.

Encarcerado. Fuxido.

Co golpe de 1936 pasou ao Principado de Asturias e incorporouse ao 231º Batallón Máximo Gorki, 4ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias; ferírono en combate en Grado (Principado de Asturias); participou na defensa de Bilbao (Biscaia). O día 21/10/1937 cae a fronte asturiana e quixo chegar a Galicia con 11 compañeiros pero detivéronos. Pasou pola prisión de San Marcos (León).

Xulgado en consello de guerra en Ponferrada (León), na causa 517/38, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de León pola de cadea perpetua.

Permaneceu na prisión de Burgos preto de tres anos.

No ano 1941 enviárono a redimir pena ao Destacamento Penal das minas de Fabero (León), de onde foxe con Gerardo Canedo González e Amadeo Ramón Valledor, o Asturiano, Ramón, na noite do 25 ao 26 de decembro de 1942.

Perdéronse durante a fuga e deron co grupo de fuxidos antifranquistas de Amadeo-Serafín Fernández Ramón, o Santeiro, o Fillo do Santeiro, (curmán de Amadeo), co que permaneceu ata integrarse na III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) que dirixía Marcelino Fernández Villanueva, Gafas.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 110/43 e na causa 274/43.

Foxe ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).

Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.

Despois da morte do ditador volveu a Mugardos (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.