← Volver atrás

Ramón Valledor, Amadeo

Alcume: o Asturiano, Ramón
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Guímara, Peranzanes
(León)
- 24/05/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Perpiñán
(Francia)
- 29/04/2026 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 16 anos.

Militante da CNT.

Encarcerado.

Despois do alzamento militar escapou ao Principado de Asturias. Coa caída da fronte de Xixón (Principado de Asturias) fixérono preso os sublevados cando tentaba fuxir en barco.

Xulgado en consello de guerra en Ponferrada (León) na causa 613/37 e condenado a unha dura pena de cárcere.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de León.

Na noite do 25 ao 26 de decembro de 1942 evadiuse dunha explotación mineira de Minas Moro, en Fabero (León), onde redimía pena, con Gerardo Canedo González e Domingo Villar Torres, Domingo da Cancela, e coa axuda da guerrilla.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 110/43, na causa 518/43, na causa 543/43 e na causa 588/43.

Despois de perderse na fuga, integrouse no grupo de Serafín Fernández Ramón, o Santeiro, o Fillo do Santeiro, que era curmán del. Este grupo integrábano mineiros confederais, entre eles Manuel Bermúdez Fernández. Despois nomeárono un dos responsables da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

En xullo de 1947, con César Ríos Rodríguez; Serafín Fernández Ramón, o Santeiro; Manuel Gutiérrez Abella; Antonia Rodríguez López, compañeira de Ríos; Edelmiro Alonso García, Delmiro, e a dona deste, Adoración Campo Canedo, deciden pasarse a Francia, concentrándose o día 27 de xullo en Pobladura de Pelayo García (León), para os preparativos. Avisados por un enlace, sabían da chegada da Garda Civil e escaparon baixo o fogo dos gardas cara Pardiñas. A tres feríronos e perderon o contacto co enlace que os ía poñer no camiño cara Francia. Conseguiron chegar as súas bases de apoio, a agardar outra ocasión.

O día 05/12/1947 conseguiu fuxir dunha emboscada na que caeu o seu curmán Serafín Fernández Ramón.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 1/48.

O día 07/12/1948, seguindo ordes do exterior, marchou para Francia pola súa conta, con Abel Ares Pérez e Matilde Franco Canedo, ao considerar que non había opción de triunfo. Saíron de Lugo cara Oviedo (Principado de Asturias), logo a Bilbao (Biscaia). Por mor do mal tempo non puideron cruzar a Francia por mar e fixérono a pé, polas montañas. Chegaron a Francia o día 13/12/1948.

Despois uniuse en Cataluña ao grupo de Francisco Sabaté Llopart (Hospitalet de Llobregat, Barcelona).

Enfermo de cancro, suicidouse en Perpiñán (Occitania, Francia) o día 18 de agosto de 1963.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.