Nacemento:
Morte:
Dona do guerrilleiro Edelmiro Alonso García, Delmiro.
Fuxida. Exiliada.
Adoración uniuse á resistencia despois de que en febreiro de 1941, nun enfrontamento no seu domicilio de Canedo, morreran cinco guerrilleiros a mans da Garda Civil cando se agochaban na súa casa e dos que era enlace; tamén morreron tres gardas.
O dia 27/10/1948 un grupo de cinco resistentes agochados da aldea de Castañeiras, Balboa (León) sostivo un enfrontamento con forzas da Garda Civil, no que morreu o número da Benemérita, Sabas Andrés Salazar. Os guerrilleiros que lograron fuxir eran: Manuel Gutiérrez Abella; Edelmiro Alonso García, Delmiro; Pedro Lamas Cerezales; Oliveros Fernández Armada, Negrín, e Adoración Campo Canedo.
Aos donos da casa onde se acubillaban, Vicenta López Digón, de 48 anos, e ao seu fillo Jesús Camuñas López, de 20 anos, labrego e solteiro, prendéronos e, no traslado á prisión de Villafranca del Bierzo (León), asasináronos na aplicación da Lei de Fugas, ás 21:00 h do día 28/10/1948. Vicenta era enlace da resistencia desde facía varios anos.
Adoración conseguiu fuxir con varios compañeiros en taxis ata Bilbao (Biscaia) e logo pasaron a Francia, aproveitando unha viaxe en tren de afeccionados da Real Sociedade, que se desprazaran a un partido de fútbol entre o seu equipo e o Athletic de Bilbao.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.