Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 21 anos. Casado con Adoración Campo Canedo, exiliada.
Militante da CNT.
Fuxido. Exiliado
Desertou do exército franquista en 1937, uniuse á resistencia e pasou á guerrilla en 1940 coa súa dona.
No verán de 1941 operaba na zona de Trives (Ourense) no grupo de Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo, o Pinche; Gervasio Cereijo Veiga, Trenzas, e Sebastián Rodríguez López. Neste grupo tamén se atopaba Gregorio Colmenero Fernández.
Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
En outubro de 1943, cercados na casa de Alpidia García Moral en Sobrado, compañeira de Victorino Nieto Rodríguez, o seu grupo, no que tamén está Manuel Gutiérrez Abella, logrou fuxir despois de causar dúas mortes entre os gardas: un sarxento e un cabo. En represalia a Garda Civil queimou a casa de Alpidia.
En outubro de 1944 constitúese a I Agrupación e a Edelmiro, con Manuel Gutiérrez, nomeáronos responsables da 3ª Compañía, un dos catro grupos da dita agrupación; Edelmiro como subxefe e Manuel como o seu lugartenente.
En xullo de 1947, con César Ríos Rodríguez; Serafín Fernández Ramón, o Santeiro; Amadeo Ramón Valledor, Manuel Gutiérrez Abella; Antonia Rodríguez López, compañeira de Ríos e a súa dona Adoración Campo Canedo, deciden pasarse a Francia, concentrándose o día 27 de xullo en Pobladura del Valle (Zamora), para os preparativos. Alertados por un enlace, sabían da chegada da Garda Civil e escaparon baixo o fogo dos gardas cara Pardiñas. A tres feríronos e perderon o contacto co enlace que os ía poñer no camiño cara Francia. Conseguiron chegar as súas bases de apoio, a agardar outra ocasión.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de León na causa 1/48, na causa 495/48, na causa 68/49 e en Lugo na causa 616/48.
O dia 27/10/1948 un grupo de cinco resistentes agochados da aldea de Cantejeira, Balboa (León) sostivo un enfrontamento con forzas da Garda Civil, no que morreu o número da Benemérita, Sabas Andrés Salazar. Os guerrilleiros que lograron fuxir eran: Manuel Gutiérrez Abella; Edelmiro Alonso García, Delmiro; Pedro Lamas Cerezales; Oliveros Fernández Armada, Negrín, e Adoración Campo Canedo.
Edelmiro conseguiu pasar a Francia, en 1948, por Bilbao cun grupo de seis guerrilleiros libertarios e coa axuda da CNT bilbaína, aproveitando o balbordo e as aglomeracións dun partido de fútbol entre o Athletic Club e a Real Sociedade. Conseguiron chegar ao país galo. Con el fuxiron, entre outras persoas, a súa dona e Manuel Gutiérrez Abella.
Despois pasou a Chile e, máis tarde, a México, onde morreu.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.