Nacemento:
Morte:
Tiña 24 anos. O alcume recíbeo por ter sido artilleiro do exército republicano na fronte asturiana.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Durante a guerra civil foi quen de chegar á fronte asturiana e pertenceu á II Batería de Obuses do Rexemento Mixto de Artillería.
En 1941 achábase na zona de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Neste congreso elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban: César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Casaio.
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
Nomeárono responsable da I Agrupación da FG con Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido. Operaban na zona limitada ao leste no río Sil e polo norte con Ponferrada, Astorga e Bembibre (León). Co tempo formou no grupo que dirixía Marcelino de la Parra Casas, Parra.
Foi o responsable de que o seu grupo estivera agochado en Columbrianos, na casa de Catalina Martínez Núñez, en contra das ordes superiores, pois xa se sospeitábase que ese domicilio o controlaban as forzas represoras.
Despois da delación da confidente e antiga enlace Evangelina Álvarez Álvarez ao capitán da 4ª Compañía da 108ª Comandancia da Garda Civil, Felipe Romero Alonso, o día 05/06/1945 un numeroso grupo de gardas civís e membros do Exército rexistraron a casa.
Os guerrilleiros agochábanse nun falso teito da cociña da casa duns 50 cm de alto; descuberto o agocho, metralláronos ata a morte sen que puideran defenderse e morreron os tres fuxidos: Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Robustiano Arias Carujo, Felipe, e Manuel Moreno Casado, Pucherillo, Andaluz.
Á dona da casa, Catalina Martínez Núñez, cribárona a tiros na habitación contigua e ao seu sobriño, Pedro García Tirado, responsable de ter construído o agocho e que se atopaba fóra do domicilio, conducírono e asasinárono a carón da súa tía.
Como consecuencia da desfeita de Columbrianos quedaron expostos moitos enlaces e colaboradores. Ao día seguinte, o 6 de xuño, caeu Ángel Ovalle Bodelón, de Camponaraia (preto de Ponferrada), un dos colaboradores máis activos; traballaba en Mineiro Siderúrxica de Ponferrada (MSP) e alí o buscaron membros da Garda Civil; fuxiu e alcanzárono no monte Castro, en Columbrianos, onde o asasinaron de oito tiros de mosquetón e 13 de subfusil.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.