← Volver atrás

Pérez Vega, Eduardo

Alcume: o Tameirón
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Santa María do Tameirón, A Gudiña
(Ourense)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro, 22 anos. Traballador do ferrocarril na Gudiña.

Militante da CNT.

Fuxido. Exiliado.

Desertou do exército franquista e integrouse no grupo de Manuel Girón Bazán, Girón, a finais de 1937.

Un grupo notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis. Contrario a chegada dos asturianos e aos seus intentos de control, Manuel Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.

O día 27/07/1940 formaban o grupo de Manuel Girón Bazán: Marcelino de la Parra Casas, Parra; José Vega Seoane, Ánimas; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Abelardo Macías Fernández, o Lebre, e Eduardo Pérez Vega, Tameirón, que tentaron pasar a Portugal; interceptados por axentes portugueses, tiveron que volver a España e continuar na loita armada.

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

No ano 1945 foi axudante, con Florentino Pérez Rivas, de Mario Morán García na xefatura da II Agrupación da FG, que actuaba na zona de Ourense.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo por bandoleirismo na causa 616/48.

Logrou fuxir a Francia na compañía de Florentino Pérez Rivas, o Andaluz, no outono de 1948. Fuxiron desde Luanco, Gozón (Principado de Asturias) a San Juan de Luz o día 23/10/1948, un total de 30 socialistas, nun barco que fretara Indalecio Prieto Tuero.

De Francia pasou máis tarde a Venezuela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.