← Volver atrás

Ríos Rodríguez, Arcadio

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Hevia, Siero
(Principado de Asturias)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Casaio Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 26/07/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 25 anos. Irmán de César Ríos Rodríguez, socialista. O seu pai pasou polo cárcere e, cando o liberaron, escapou para Francia; durante a ocupación nazi rematou nun campo de concentración onde morreu; aos seus irmáns Manuel e Silvino, tíos de César e Arcadio, fusiláronos no Principado de Asturias. Ao seu pai arrestárono, logrou pasar a Francia e morreu nun campo de concentración nazi.

Militante do PCE e membro do Sindicato de Obreiros Mineiros de Asturias (SOMA-UXT).

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Ao caer o Principado de Asturias escapou cara o monte co seu irmán César e, en xuño de 1938, acompañou a un grupo de fuxidos, tamén co seu irmán, que os acompañaron aos vales de Casaio para unirse a Marcelino Fernández Villanueva, Gafas.

No ano 1940 abríronlle un expediente no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

O día 30/06/1940 houbo un combate entre forzas regulares e un grupo de fuxidos asturianos en Lomba, Benuza (León). Este grupo estaba, que encabezaban Guillermo Morán García e Mario Morán García, César Ríos Rodríguez e Arcadio Ríos Rodríguez, contactaron en Lomba con membros do grupo de Girón, entre os que se contaba Domingo. Algúns dos asturianos marcharon para reunirse con Girón e outros quedaron a descansar en Lomba.

Un continxente de regulares e falanxistas rodeou a casa de Lomba, onde se agochaba os asturianos Arcadio Ríos Rodríguez; Valentín García Sánchez, Morringa, (Siero, Principado de Asturias); o cabreirés Domingo Valle Cañal e o leonés Manuel Blanco Pascual. Iniciado o enfrontamento os dous asturianos puideron fuxir, acompañados de Laura Blanco Rodríguez, dona da casa, e do seu fillo Manuel-Jesús López Blanco. A Domingo Valle prendérono con vida e morreu ao pouco por mor das feridas. Manuel Blanco, gravemente ferido foi quen de saír do cerco, pero detivérono despois, torturárono e asasinárono no mes de xullo en Sigüella, Benuza.

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

Foi xefe de guerrillas na II Agrupación da FG.

Compañeiro desde 1942 de Consuelo Rodríguez López, Chelo, que era irmán de Antonia Rodríguez López, compañeira á súa vez do seu irmán César. A Arcadio ferírono nunha redada da Garda Civil realizada aos poucos días do Congreso de Reunificación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), na ermida de San Xil, e morreu pouco despois; con el finou tamén Francisco Elvira Cuadrado. Chelo conseguiu evadirse a Francia.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de León na causa 471/45.

Arcadio e Elvira Cuadrado, líderes comunistas, eran partidarios da reunificación da FG, como pretendía Gafas; a morte dos dous supuxo a ruptura definitiva e os comunistas abandonaron a dita federación o día 18/08/1946, entre eles os radicais Guillermo Morán García e Evaristo González Pérez, Rocesvinto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.