← Volver atrás

Gutiérrez Abella, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Paradaseca, Villafranca del Bierzo
(León)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 24 anos. Veciño de Paradaseca. Irmán de Lisardo Gutiérrez Abella, executado.

Militante do PCE.

Fuxido. Exiliado.

Loitou contra os franquistas nas milicias republicanas do 229º Batallón Asturias.

Formou parte das guerrillas de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

A primeiros de 1940 estaba no grupo os Pitaciegas dos irmáns Salvador Voces Canóniga, Demetrio Voces Canóniga e Pedro Voces Canóniga, na zona de Villafranca del Bierzo.

Xulgado en consello de guerra na praza de Astorga (León) na causa 1051/41.

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Casaio.

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

En outubro de 1943, cando se acubillaba na casa de Alpidia García Moral, en Sobrado, con Edelmiro Alonso García, Delmiro, sorprendeunos unha patrulla da Garda Civil e, despois de causar dous mortos entre os gardas, foron quen de fuxir os tres.

Despois da escisión da FG e o Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), refugou deixar esta federación a pesares das ordes do partido.

No IV Congreso da FG do 10 ao 12/10/1944 nomeárono, co cenetista Edelmiro Alonso García, responsable dun dos catro grupos da I Agrupación.

En 1947, atopándose na zona de Villafranca del Bierzo, no mes de xullo, con Edelmiro Alonso García, Amadeo Ramón Valledor, César Ríos Rodríguez, Antonia Rodríguez López (compañeira de Ríos), Adoración Campo Canedo e Serafín Fernández Ramón, o Santeiro, tentan pasar a Francia. Acosados pola Garda Civil o día 27 de xullo, a tres deles feríronos, pero todos volveron refuxiarse nos seus puntos de apoio en Pobladura del Valle (Zamora). Despois de perder o contacto co enlace que os ía guiar cara Francia, había que agardar outra ocasión.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 1/48, causa 495/48, na causa 616/48 e na causa 68/49.

O dia 27/10/1948 un grupo de cinco resistentes agochados da aldea de Castañeiras, Balboa, sostivo un enfrontamento con forzas da Garda Civil, no que morreu o número da Benemérita, Sabas Andrés Salazar. Os guerrilleiros lograron fuxir: Manuel Gutiérrez Abella; Edelmiro Alonso García, Delmiro; Pedro Lamas Cerezales; Oliveros Fernández Armada, Negrín, e Adoración Campo Canedo.

Manuel conseguiu pasar a Francia en 1948 cun grupo de seis guerrilleiros libertarios, por Bilbao (Biscaia), e coa axuda do cenetista bilbaíno García Magdalena, aproveitando o balbordo e as aglomeracións dun partido de fútbol entre o Bilbao e a Real Sociedade, conseguindo chegar ao país galo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.