Nacemento:
Morte:
Ferreiro, 18 anos. Veciño de Cervantes (Lugo).
De tendencia socialista pero sen afiliación.
Fuxido. Exiliado?.
Incorporado ao monte desde 1936, sufrindo o seu grupo fortes persecucións policiais e militares.
Xulgado en Lugo por atraco e roubo a man armada, na causa 838/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 22/04/1940.
Membro do grupo de David Fuentes Álvarez, Velasco, que actuaban nos montes de Valboa e O Cebreiro. Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de agresión ás forzas armadas, na causa 180/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Tamén o xulgaron en Lugo na causa 294/45 polo delito de atraco; tamén o declararon en rebeldía.
Desde 1945 foi, con Abelardo Gutiérrez Alba, vicecomandante da III Agrupación da FG, que comandaba Manuel Castro Tellado e que tivo que retirarse á área de actividades do sueste lugués. Axudante de Castro Tellado nesta III Agrupación, posto no que o cesou o Estado Maior da FG por “deficiencias en sus responsabilidades”.
Requirírono no Xulgado Eventual nº 1 de Lugo na causa 215/46.
Volveron xulgalo en Lugo por bandoleiro na causa 616/48.
Logrou pasar a Francia no ano 1948.
Bernardo Máiz sinala a súa suposta morte en enfrontamento armado nunha data indeterminada do ano 1946.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.