Nacemento:
Morte:
Tiña 21 anos. Ao seu pai fusilárono os fascistas o día 14/04/1941, ao seu irmán Guillermo Morán García asasinouno a Garda Civil en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) no ano 1949 e á súa irmá e á súa nai desterráronas.
Militante da UXT e da Agrupación Socialista de Ribera de Arriba (Principado de Asturias) desde 1931; participou na constitución das Xuventudes Socialistas (XXSS) desta localidade.
Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 condenárono a 20 anos e un día de reclusión maior, ingresárono no penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra). Liberado despois da amnistía de febreiro de 1936.
Fuxido. Exiliado.
Durante a guerra civil defendeu á República no 224º Batallón Ladreda, 8ª Brigada Mixta, 3ª División do III Corpo de Exército de Asturias.
Ao caer o Principado de Asturias en 1937 fuxiu ao monte co seu irmán Guillermo. Despois do triunfo da sublevación militar, ocultouse no monte co seu irmán Guillermo, formando un grupo de resistentes no que se atopaba, entre outros fuxidos, Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato.
Tentou a fuxida a Portugal, en maio de 1940, con outros dezaseis compañeiros, pero ao rechazalos a garda do país veciño, refuxiáronse nos montes de Galicia.
Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
O día 12/10/1944 a FG decide crear o Corpo de Guerrillas de Galicia e León, formando o Estado Maior Gafas, de la Parra e Mario Morán. Tamén se constitúe a I Agrupación de guerrillas que dirixen César Ríos, Abel Ares e Manuel Girón.
Xefe da II Agrupación da FG en Ourense ata 1946, onde coincidiu co seu irmán Guillermo; con este último tamén se incorporaran Julián Acebo Alberca, Guardiña; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Benigno García González, o Vello, e Silverio Yebra Granja, o Atravesado.
Nesta II Agrupación tiña como axudantes, en 1945, a Eduardo Pérez Vega, Tameirón, e a Florentino Pérez Rivas, o Andaluz; Domingo Rodríguez López, Xirolo, Inca, era o xefe dunha das partidas.
En febreiro de 1948 Benigno García González tenta trasladarse a El Valle (León) con Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, e Francisco Martínez López, Quico, para xuntarse con Mario Morán e decidir sobre a organización das guerrillas despois de que os militantes socialistas decidiran deixar a loita armada. Premidos pola Garda Civil tiveron que repregarse ata Rodrigatos de las Regueras, Igüeña (León), onde se enfrontaron aos represores.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 280/48 e na causa 291/48.
O día 22/12/1948 sae de Carucedo (León), con Benigno García González, cara Francia, conseguindo cruzar a fronteira o día 26 de decembro e chegaron a Mauléon-Licharre (Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia).
De Francia pasou a México, onde traballou como camareiro e morreu no ano 1991.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.