Nacemento:
Morte:
Labrego, 26anos. Veciño de Carracedo del Monasterio
Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o alzamento pasouse ao Principado de Asturias e loitou no exército republicano na guerra civil. Coa caída da Fronte Norte regresou a León permanecendo agochado no monte.
Regresou a Carracedo e foi enlace entre a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e o axente británico Alexander Easton.
Un grupo guerrilleiro notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros.
Ao remate do ano 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis.
Contrario a chegada dos asturianos e aos seus intentos de control dos fuxidos, Manuel Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.
Silverio presentouse ás autoridades fascistas o día 16/07/1938.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 2031/39 e condenado á cadea.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de León.
Interno na Prisión Provincial de León, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 267 do día 24/09/1941.
O día 08/02/1944 incorporouse aos do monte, pasando á II Agrupación da FG, que dirixía Mario Morán García. Despois pasou ao grupo de Abel Ares Pérez e César Ríos Rodríguez, na zona de Villafranca del Bierzo (León).
No ano 1947, despois do Congreso de San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo), pasou a formar parte en Ourense da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), con Manuel Girón Bazán, Girón.
Oliveros Fernández Armada, Negrín, enlace da guerrilla queimado, no ano 1945 ingresou na FG e desde 1947 está integrado na II Agrupación do EGG na zona do Bierzo, no grupo que dirixe Silverio Yebra Granja, o Atravesado, e que tiña como comisario político a Francisco Martínez López, Quico.
En 1948 asistiu á reunión da II Agrupación no Val de Cubela.
Polo día 24/02/1949 forman grupo: Enrique Oviedo Blanco, Chapa; a compañeira de Enrique, Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Obxetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz. Traizoados por un enlace, caeron nunha redada da Garda Civil nos montes de Ocero, Vega de Espinareda (León), na que abateron a Rodríguez López e a Enrique Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns feridos, puideron escapar.
En 1949 pasou a Francia con Manuel Girón, pero pronto regresaron.
Na primavera de 1949, despois dos desastres guerrilleiros en Chavaga e Villasinde, Vega de Valcarce (León) regresaron á comarca do Bierzo (León) os membros da II Agrupación: Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Roberto López Rodríguez, Virnes, e Odilo Fernández Rodríguez, Blas, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito.
Despois pasaron á Serra da Cabreira (León e Zamora), incorporándose á partida de Manuel Girón Bazán, Girón.
O día 17/07/1950 sorprendérono os represores con Girón e outros compañeiros en Corporales, Truchas (León), onde despois de dez horas de combates morreron dous gardas civís e os guerrilleiros conseguiron romper o cerco.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 135/50, na causa 183/50, na causa 241/50, na causa 21/51, na causa 160/51 e na causa 170/51.
Tras da morte de Girón Bazán marcha a Francia na compañía de Pedro Juan Méndez, Francisco Martínez López, Quico, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito. Cruzan a fronteira francesa en setembro do ano 1951. Instalouse en París.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.