← Volver atrás

Diéguez Yáñez, Augusto

Alcume: o Rubio de Vilanuíde
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Antonio de Vilanuíde, Quiroga
(Lugo)
- 20/08/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Fontei, Santo Estevo da Rúa de Valdeorras, A Rúa
(Ourense)
- 27/08/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cesteiro, 15 anos. Solteiro. Veciño de Santo Antonio de Vilanuíde.

Militante do PCE.

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Os rebeldes ingresárono na prisión de Monforte de Lemos (Lugo) o día 16/10/1937 e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o 08/12/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1341/37, co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión maior segundo resolución do día 21/12/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo; concédeselle a prisión atenuada o día 01/12/1940 e en liberdade desde o 10/10/1940.

Ingresou na guerrilla antifranquista e figurou no grupo de Mario Rodríguez Losada, Pinche, e, tempo andado, no de Silverio Yebra Granja, o Atravesado, na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Na primavera de 1949 e despois dos desastres guerrilleiros en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) e de Villasinde, Vega de Valcarce (León) regresaron á comarca do Bierzo (León) os membros da II Agrupación: Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Roberto López Rodríguez, Virnes; Francisco Martínez López, Quico, Odilo Fernández Rodríguez, Blas, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito.

En xullo de 1950 reclamouno o xuíz militar de Lugo, con outros fuxidos, encartados na causa 144/50.

Tempo andado pasaron á Serra da Cabreira (León e Zamora), incorporándose á partida de Manuel Girón Bazán, Girón. Grupo que deixou en 1950 con Silvestre García López e trasladáronse á zona fronteiriza entre Ourense e Lugo.

Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nunha casa en Fontei, cando ían camiño do Bierzo, xunto co seu compañeiro Silvestre García López e como consecuencia da traizón dunha enlace, a dona da casa. Viaxaban coa intención de xuntarse cos últimos compañeiros de Girón para acadar Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.