Nacemento:
Morte:
Tiña 12 anos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
No ano 1947, logo de ter problemas cun veciño que era informante da Garda Civil e ao que lle pegou un tiro, únese a Odilo Fernández Rodríguez, Blas, formando na partida de fuxidos de Manuel Girón Bazán, Girón, na zona de Ourense.
No ano 1948 Silvestre García e Odilo Fernández xa formaban parte do grupo de Mario Rodríguez Losada, Pinche.
Na primavera de 1949, despois dos desastres guerrilleiros en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) e Villasinde, Vega de Valcarce (León) regresaron á comarca do Bierzo (León) os membros da II Agrupación: Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Roberto López Rodríguez, Virnes, Odilo Fernández Rodríguez, Blas, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito.
Despois pasaron á Serra da Cabreira (León e Zamora), incorporándose á partida de Manuel Girón Bazán, Girón. Grupo que deixou en 1950 con Augusto Diéguez Yáñez e trasladáronse á zona fronteiriza entre Ourense e Lugo.
Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nunha casa en Fontei, cando ían camiño do Bierzo, xunto co seu compañeiro Augusto Diéguez Yáñez e como consecuencia da traizón dunha enlace, a dona do domicilio de acollida. Viaxaban coa intención de xuntarse cos últimos compañeiros de Girón para acadar Francia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.