← Volver atrás

Fernández Rodríguez, Odilo

Alcume: o Blas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 13/11/1925 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Rúa de Petín
(Ourense)
- 18/04/1995 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 10 anos. Compañeiro de Gloria Blanco Blanco, enlace e exiliada, veciña do Sagrado Corazón de Jesús de Freixido, Petín (Ourense). Fillo de Valentín Fernández Fernández, encarcerado, e irmán de Albertina Fernández Rodríguez, tamén encarcerada.

Militante do PCE.

Fuxido. Exiliado.

Despois do golpe de Estado traballou como enlace da guerrilla antifranquista.

En 1944, ao estar en perigo o seu cometido de enlace, pasouse á guerrilla e integrouse na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), que comandaban Evaristo González Pérez, Rocesvinto, e Manuel Girón Bazán, Girón; o seu campo de operacións situábase entre A Rúa e Ponferrada. No ano 1947 pasou ao Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) con Manuel Girón.

No ano 1949 pasou aos grupos guerrilleiros de Ourense, onde coincide con: Manuel Zapico Terente, Asturiano; Silverio Yebra Granja, Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Guillermo Morán García; Roberto López Rodríguez, Virnes; Eduardo Pérez Vega, Tameirón, e Mario Rodríguez Losada, o Pinche, entre outras persoas.

O día 20/04/1949 logrou ser o único supervivente da emboscada da Garda Civil no Piricallo e Repil, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo), contra o Destacamento Santiago Carrillo e onde perden a vida Evaristo González Pérez, Rocesvinto, e Guillermo Morán García.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Na primavera de 1949, despois dos desastres guerrilleiros en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) e Villasinde, Vega de Valcarce (León), regresaron á comarca do Bierzo (León) os membros da II Agrupación: Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Roberto López Rodríguez, Virnes; Odilo Fernández Rodríguez, Blas, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito.

Despois pasaron á Serra da Cabreira (León e Zamora), incorporándose á partida de Manuel Girón Bazán, Girón.

No ano 1952, coa súa compañeira Gloria Blanco Blanco, a nai desta, Gloria Blanco Diéguez e a súa parella Roberto López Rodríguez, Virnes, Paxariño, pasan a Francia por Guipúscoa. Despois de cinco días polos Pireneos, chegaron a Francia o día 20/04/1952.

En marzo de 1953 foi obxecto dunha solicitude de extradición do xuíz militar de Lugo, que o encartaba con outros na causa 181/52.

Volveu a España no ano 1976 e residiu na Rúa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.