← Volver atrás

López Rodríguez, Roberto

Alcume: Pajarito, Virnes
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Santo Antonio do Mazo, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 24/12/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sagrado Corazón de Jesús de Freixido, Petín
(Ourense)
- 29/11/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego. Veciño de Santo Antón de Fontei, A Rúa (Ourense).

Militante do PCE.

Encarcerado. Fuxido. Exiliado.

Durante a Guerra Civil Española alistouse como miliciano voluntario no Exército Popular republicano.

Prendérono os franquistas na caída da fronte asturiana.

Xulgado en consello de guerra no Principado de Asturias co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial de Ourente e na de Palma de Mallorca ata os primeiros anos corenta, cando sae en liberdade condicional.

Cando saíu da cadea integrouse no grupo guerrilleiro que comandaba Arturo López Delgado, Arturín, que loitaba na bisbarra de Valdeorras (Ourense).

O día 06/08/1942 o grupo de Arturo mantén un enfrontamento coa Garda Civil, preto da súa aldea natal.

Ao grupo denunciouno un labrego, que os aprovisionara de viño; despois de comer e beber, cando durmían, sorprendéronos os gardas. No combate morreron Arturo López Delgado; Ovidio González Vázquez, Pollón; Ildefonso Fernández Seoane, Cuñeira, e Manuel Monteserín, Gerardo. Roberto López foi quen de fuxir.

Incorporouse á II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG). Cara 1946 pertencía ao grupo de Evaristo González Pérez e Guillermo Morán García. Co tempo Roberto únese ao grupo de Mario Rodríguez Losada, Marcos de Langullo, o Pinche, co que participa en varias accións, entre elas a do casal de Mata, no ano 1947.

Na primavera de 1949, despois dos desastres guerrilleiros en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) e Villasinde, Vega de Valcarce (León) regresaron á comarca do Bierzo (León) os membros da II Agrupación: Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Pedro Juan Méndez, Jalisco; Augusto Diéguez Yáñez, Rubio; Silvestre García López, Chimenea; Roberto López Rodríguez, Virnes; Odilo Fernández Rodríguez, Blas, e Manuel Zapico Terente, Asturiano, Lito.

Despois pasaron á Serra da Cabreira (León e Zamora), incorporándose á partida de Manuel Girón Bazán, Girón.

En xullo de 1950 reclamouno o xuíz militar de Lugo, encartado na causa 144/50 con, entre outros, José Castro Veiga.

No ano 1952, coa súa compañeira Gloria Blanco Diéguez, a filla desta, Gloria Blanco Blanco e a súa parella Odilo Fernández Rodríguez, Blas, pasan a Francia por San Sebastián. Despois de cinco días polos Pireneos, chegaron a Francia o día 20/04/1952.

Dirixíronse a Béziers (Hérault, Occitania, Francia) e, en agosto de 1957, achábase en París.

En Francia casou con Gloria Blanco Diéguez. No ano 1957 residían en París.

Regresou a España despois da morte do ditador.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.