← Volver atrás

López Delgado, Arturo

Alcume: Arturín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Piñeiral da Gándara, Vilamartín de Valdeorras
- 06/08/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e mineiro, 35 anos. Casado con Enriqueta Delgado Núñez, encarcerada. Veciños de San Pedro de Correxais. Irmán de Elías López Delgado, fusilado.

Militante da CNT e vogal do Partido Galeguista (PG) de Vilamartín de Valdeorras desde 1934.

Despois das represalias que tiveron lugar pola Folga do Peso da primavera de 1934, foxe da comarca cara ao Bierzo (León), para traballar nas minas. Regresou a Correxais a primeiros de 1936.

Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento.

No primeiro momento do golpe foi dos que fixo fronte aos rebeldes e, cando se esgotou a munición, agocháronse no monte.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 369/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No dito procedemento condenaron á pena de morte a: Agustín Fernández Carracedo, Arsenio Fernández Rodríguez, Alfonso Núñez Núñez, Julián Real Núñez e Nicolás Vicente López.

Penas de cadea perpetua para: Ciprián Fernández Calvo, Valentín Fernández Fernández, Manuel Ferrer López, Sebastián López García, Andrés López Vázquez, Manuel Losada García e Aníbal Rodríguez Rodríguez.

A José Fernández Arias castigárono a 12 anos e un día de cadea.

Ditáronse autos de sobresemento para: Sergio Núñez Rodríguez e Martín Vega Gudiña.

Sentenzas de absolución para: Antonio Feás Paredes, Benjamín Feás Paredes e Magín Fernández López.

Tamén procesaron, ademais doutras persoas, a Amando López García.

Declararon fuxidos a: Manuel Alonso, Manuel Álvarez, Antonio Fernández Vega, Arturo López Delgado, Santos López García, Agustín López Rodríguez, Manuel Macía, Amadeo Núñez, Jesús Paradela Real, Benjamín Real, Francisco Roca García, Manuel Roca García, Manuel Vega, Belarmino Vicente e Manuel Vicente.

Máis tarde pasa ao Principado de Asturias, onde se une ao Exército Popular da República. Prendérono os golpistas e encarcerárono ata o ano 1939.

Despois da saída da cadea foi membro da partida guerrilleira que mandaba Serafín Fernández Ramón, o Santeiro. En xullo de 1940 formaba parte do grupo guerrilleiro que se reunira en Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense) e que tiña a pretensión de pasar a Portugal.

Volveu de Portugal no ano 1941 e instalouse en Casaio con Domingo Rodríguez Rodríguez, Inca; Mario Morán García; Manuel Monteserín, Gerardo; e Arcadio Ríos Rodríguez.

Logo da fundación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) nomeárono xefe dunha unidade, que loitou na bisbarra de Valdeorras (Ourense).

Na data do 06/08/1942 e despois dun golpe económico en Santa Eulalia, Petín (Ourense), o día 24/07/1942, morre nun enfrontamento coa Garda Civil en San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras, con Ovidio González Vázquez, o Pollón; Manuel Monteserín, Gerardo, e Ildefonso Fernández Seoane, Cuñeira.

Ao grupo denunciouno un labrego que os aprovisionara de viño; despois de comer e beber, os guerrilleiros durmían e sorprendéronos as forzas represoras. Roberto López Rodríguez, Pajarito, logrou fuxir con vida da refrega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.