Nacemento:
Morte:
Casada co guerrilleiro antifranquista Arturo López Delgado, fuxido; tiñan unha filla. Veciños de Correxais. Enriqueta era a máis vella de tres irmáns; Amador, morto na fronte de Teruel, e Rosario, que sofre malos tratos.
Encarcerada.
Por estar casada cun fuxido a súa familia sofre continuas represalias e leváronlles todo o gando do que eran propietarios. Tivo que escapar de Correxais coa súa filla, o seu pai e a súa irmá Rosario para Combarro (Pontevedra). Prendérona os franquistas.
Xulgada en consello de guerra en Ourense, na causa 605/41, co resultado de sentenza á cadea.
Enriqueta e Rosario non se libraron da cadea e estiveron no cárcere de Ourense por dous meses e medio. Enriqueta tamén estivo na cadea en Celanova (Ourense) e obtivo a liberdade definitiva no verán de 1941.
O seu home morreu en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) nun enfrontamento contra as forzas represoras o día 06/08/1942. Desde ese momento deixou de ser molestada.
Semella que despois se relacionou con Silverio Yebra Granja, o Atravesado. A súa casa seguiu aberta para a guerrilla e prestou servizos de enlace.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.