← Volver atrás

González Vázquez, Ovidio

Alcume: Pollón
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Olloniego, Oviedo
(Principado de Asturias)
- 02/09/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 06/08/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 23 anos. Veciño de Olloniego.

Militante da UXT, ao PSOE e as Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Ingresou nas milicias republicanas asturianas en setembro de 1936.

A finais do ano 1939 formou parte do grupo de oito socialistas, que capitaneados por Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, tentaron acadar Porto (Portugal) para escapar da represión dos golpistas.

Compoñían a partida: Gafas; Tomás Fernández Castro, Capitán Fantasma; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato; Aladino Suárez González, Aladino; Ovidio González Vázquez, o Pollón; Amador Pello Bárcena; José-Benjamín Pello Bárcena e Ángel Rodríguez Saldaña. Eran todos de Olloniego.

Diante das presións da policía portuguesa tiveron que regresar á provincia de Ourense e, moitos deles, de alí pasaron outra vez ao Principado de Asturias na procura de armas.

Ovidio sería membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Na data do 06/08/1942 morren nun enfrontamento coa Garda Civil en San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras: Ildefonso Fernández Seoane, Cuñeira; Arturo López Delgado; Ovidio González Vázquez, o Pollón, e Manuel Monteserín, Gerardo.

Ao grupo denunciouno un labrego, que os aprovisionara de viño. Despois de comer e beber os guerrilleiros durmían e sorprendéronos as forzas represoras. Roberto López Rodríguez, Pajarito, logrou fuxir con vida da refrega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha