← Volver atrás

Rodríguez Saldaña, Ángel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Olloniego, Oviedo
(Principado de Asturias)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Carucedo
(León)
- 05/03/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 29 anos. Casado; tiñan dous fillos. Veciños de Olloniego.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Olloniego.

Fuxido. Executado.

A finais do ano 1939 formou parte do grupo de oito socialistas, que capitaneados por Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, tentaron acadar Porto (Portugal) para escapar da represión dos golpistas. Compoñían a partida: Gafas; Tomás Fernández Castro, Capitán Fantasma; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato; Aladino Suárez González, Aladino; Ovidio González Vázquez, o Pollón; Amador Pello Bárcena; José-Benjamín Pello Bárcena e Ángel Rodríguez Saldaña. Eran todos de Olloniego.

Diante das presións da policía portuguesa tiveron que regresar á provincia de Ourense e, moitos deles, de alí pasaron outra vez ao Principado de Asturias na procura de armas.

Cando o grupo tentaba volver ao Principado de Asturias para facerse con armas longas, sorprendeunos a Garda Civil en Villavieja, preto de Ponferrada (León); os gardas detiveron a Ángel Rodríguez Saldaña, ao que porían cal viva nas feridas e, logo, sacaríano do cuartel con dous mendigos e asasinaríanos nas aforas de Carucedo o día 05/03/1939. Gafas, que resultara ferido a tentativa portuguesa, quedou con Girón, mentres o resto de compañeiros volvían a Xixón (Principado de Asturias) na procura de armas máis eficaces para os seus obxectivos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha