← Volver atrás

Pello Bárcena, Amador

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Olloniego, Oviedo
(Principado de Asturias)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Olloniego. Irmán de José-Benjamín Pello Bárcena, fuxido con el e morto en enfrontamento.

Vogal desde xaneiro de 1933 da Agrupación Socialista (AS) de Olloniego.

Fuxido.

Na guerra civil foi tenente do 117º Batallón republicano na fronte asturiana.

A finais do ano 1939 formou parte do grupo de oito socialistas, que capitaneados por Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, tentaron acadar Porto (Portugal) para escapar da represión dos golpistas. Compoñían a partida: Gafas; Tomás Fernández Castro, Capitán Fantasma; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato; Aladino Suárez González, Aladino; Ovidio González Vázquez, o Pollón; Amador Pello Bárcena; José-Benjamín Pello Bárcena e Ángel Rodríguez Saldaña. Eran todos de Olloniego.

Diante das presións da policía portuguesa tiveron que regresar á provincia de Ourense e, moitos deles, de alí pasaron outra vez ao Principado de Asturias na procura de armas.

Pertenceu aos grupos de guerrilleiros antifranquistas do Bierzo (León).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha