Nacemento:
Morte:
Mineiro, 21 anos. Solteiro. O nome de o Santeiro víñalle do seu pai, a quen asasinaran durante a guerra civil.
Militante da CNT.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Participou na defensa de Ponferrada León) fronte aos militares rebeldes; logo fuxiu cara Pola de Somieo, no Principado de Asturias.
Durante a guerra civil foi miliciano republicano no 210º Batallón Asturias, onde ingresa o día 06/10/1936.
En outubro de 1937, ao caer a fronte norte, volveu a León e o primeiro que fixo sería axustizar ao asasino do seu pai.
En 1938 era o responsable dun grupo guerrilleiro que actuaba na zona de Peranzanes (León) e San Antolín de Ibias (Principado de Asturias); o grupo formábano, case que integramente, mineiros cenetistas. Neste grupo figuraban, entre outras persoas: César Terrón Abad e David Fuentes Álvarez, Capitán Velasco. Tamén se incorporou á súa partida Arturo López Delgado, Arturín. Non se integrou na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Moveuse na raia entre o Principado de Asturias e Galicia, próximo a zona da I Agrupación e da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
A finais de 1942 integráronse no seu grupo tres fuxidos das minas de Fabero (León): Gerardo Canedo González, Domingo Villar Torres, Domingo da Cancela, e Amadeo Ramón Valledor, o Asturiano, Ramón.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de León na causa 543/43 e na causa 652/47.
Os franquistas adxudicáronlle case que todas as mortes e atracos entre os termos de Fornela e Candín e o asturiano de Ibias; nunca se integrou na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), “era un anarquista que huía de toda disciplina, pero que había puesto al servicio de la Federación la mayoría de los puntos de apoyo que tenía por los valles de Fornela y Ancares, donde era muy conocido... Hay que tener en cuenta que ciertos actos salvajes que nos atribuyeron era cometidos por individuos anónimos que se aprovecharon de las circunstancias actuando en nuestro nombre, cuando no eran aviesamente preparados por las fuerzas represivas a fin de desprestigiarnos. Yo, como jefe de la I Agrupación, nunca tuve informes de los actos que le atribuyeron a “Santeiro”. Las autoridades franquistas, en su obsesión por identificar la lucha armada con el bandolerismo, siempre inculpaba de los hechos subversivos a los hombres del monte” (palabras de César Ríos). “la experiencia revela que una gran cantidad de hechos que se producen en las zonas de bandoleros no son realizados por estos, sino por habitantes de la comarca que se aprovechan de ellos... Al amparo del terror impuesto por las partidas, el simple delincuente pone en práctica procedimientos similares y comete delitos aparentemente realizados por aquellos, mientras su autor o autores duermen tranquilamente en sus casas” (tenente coronel da Garda Civil Eduardo Munilla).
En xullo de 1947 César Ríos Rodríguez, Serafín Fernández Ramón, Antonio Fornelo, Edelmiro Alonso García e a súa dona Adoración Campo Cañedo e Antonia Rodríguez López, parella de César, únense a Manuel Gutiérrez Alba para salvar a etapa máis difícil cara a fronteira francesa. Coincidiron o 27 de xullo na aldea de Pobladura del Valle (Zamora), para os preparativos. Alertados da presenza da Garda Civil, marcharon cara Pardiñas, pero no enfrontamento cos represores tiveron tres feridos e perderon o contacto co enlace que os ía poñer no camiño cara Francia. Disolvéronse ata atopar mellor ocasión.
Despois do intento frustrado de fuxir a Francia, retirouse cara a zona de Fabero (León) e refuxiouse na casa dun enlace en Fontoira co seu parente Amadeo Ramón Valledor. Probablemente por mor dunha delación, a casa arrodeouna a Garda Civil o día 05/12/1947 e Santeiro resultou gravemente ferido cando tentou fuxir. Un veciño atopou o seu corpo ao día seguinte en La Trasiella, á veira dun regato; tiña un tiro na cabeza e a pistola na man dereita.
Bernardo Máiz indica que o detectaron e mataron en Fabero no Nadal de 1947, posiblemente se suicidara. Atopábase moi mal de saúde a causa da tuberculose.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.