← Volver atrás

Terrón Abad, César

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Fabero
(León)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Villar de Otero, Vega de Espinareda
(León)
- 21/07/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 21 anos.

Militante do Sindicato Único Mineiro (SUM) da CNT en Fabero, do que foi tesoureiro.

Prendérono pola súa participación na folga de 1933.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

En 1936 formou parte do Comité de Defensa da República en Villafranca del Bierzo (León).

Durante a guerra civil sería capitán de metralladores do 210º Batallón da 192ª Brigada, á que integraron en varias divisións e corpos de Exército.

Logo da caída da Fronte Norte formou, en 1937, nun grupo de guerrilleiros libertarios con outros cinco compañeiros do seu propio batallón, que actuaron na zona de Fabero e Os Ancares e chegaron ata o Principado de Asturias e Lugo.

No seu grupo atopábanse os irmáns Dalmiro Lamas Cerezales e Pedro Lamas Cerezales.

O día 30/08/1938 axustizaron a Juan Álvarez García, cura de Fresnedo (León), ao que acusaban de ser o incitador dos falanxistas da zona para que cometeran accións represoras e que pasearan a un mestre que era tío ce César, Manuel Pérez Abad.

A persecución desta partida intensificouse logo da morte en xullo de 1940 dun oficial do Exército en Vega de Espinareda. Localizounos unha patrulla da Garda Civil e da Policía Armada o día 21/07/1940 nos montes de Villar de Otero; César Terrón recibiu un tiro na cabeza e morreu no acto; o resto dos compañeiros puideron fuxir.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha