← Volver atrás

Lamas Cerezales, Pedro

Alcume: Pedrín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Cantejeira, Balboa
(León)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 22 anos.

Fuxido. Exiliado.

Uniuse á guerrilla en 1936 cos seus irmáns Dalmiro Lamas Cerezales e Gerardo Lamas Cerezales, formando un grupo de fuxitivos na zona da Veiga, Valcarce, Balboa e Pedrafita, na provincia de León.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León, praza de Ponferrada, na causa 395/37, cos seus irmáns.

David Fuentes Álvarez, Velasco, botouse ao monte e foi o xefe dun grupo de sete homes do que formaron parte Francisco Fernández Gómez, Manuel Fernández Aira, Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva, os irmáns Pedro Lamas Cerezales e Gerardo Lamas Cerezales, e Jesús Aira, que actuaban nos montes de Balboa e O Cebreiro (León). Atribúenlle varios ataques nas aldeas de Castelo de Frades e de Cereixedo-Cervantes, na provincia de Lugo. Suponse que este grupo atacou varios vehículos militares e autobuses de liña regular e o día 04/05/1940 executaron tres xuíces de Balboa e a un dos seus pais, en represalia pola morte do seu amigo Francisco Fernández Gómez, en Pumarín en abril de 1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por atraco a man armada, asasinato e relación con fuxidos, na causa 323/41. Neste proceso acumuláronse varias causas.

O tribunal condenou neste xuízo a 12 anos de cadea a Antonio Ulloa Regueiro. Tamén procesaron a: Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Gerardo Lamas Cerezales a ao seu irmán Pedro Lamas Cerezales.

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

Produto dunha delación ao seu grupo cercárono forzas conxuntas da Garda Civil, do Terzo e da Policía Armada en Cantejeira. No enfrontamento morreron Hilario González Quiroga, Gerardo Lamas Cerezales; Sinforiano Alba Abella, o Tato, e Armando Pérez Arias. Tamén morreu o policía Faustino Pardo Hernández. Da redada só puido fuxir con vida o guerrilleiro Pedro Lamas Cerezales.

Pasa entón á provincia de Lugo.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo por agresión ás forzas armadas, na causa 180/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 17/05/1945.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo por atraco, na causa 294/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 01/09/1945.

Foi quen de chegar a Francia no ano 1948.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 495/48 e na causa 68/49.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.