← Volver atrás

Voces Canóniga, Pedro

Alcume: Pitaciega
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Villabuena, Villafranca del Bierzo
(León)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Vilavella, Triacastela
(Lugo)
- 12/11/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro. Solteiro. Veciño de Villabuena.

Membro dunha familia de anarcosindicalistas.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe de Estado marchou cos seus irmáns Gumersindo, Pedro e Salvador para o Principado de Asturias para combater contra dos fascistas.

Formou o grupo de fuxidos os Pitaciegas cos seus irmáns Salvador Voces Canóniga e Demetrio Voces Canóniga. Neste grupo coincidiu con Manuel Gutiérrez Abella. Actuaban na zona de Quilós, Cacabelos (León).

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 495/43 e na causa 542/43.

Morreu con dous compañeiros en Vilavella cando os sorprendeu a Garda Civil, despois de que os delatara un antigo compañeiro. Despois do combate, un dos catro guerrilleiros logrou fuxir gravemente ferido, era Ovidio Peláez Rodríguez, que morrería dous meses despois, o 15/01/1944, por mor das graves feridas que recibe neste enfrontamento. Os mortos en Vilavella foron: Pedro Voces Canóniga, Antonio Vega Guerrero, Rizoso, e Félix Yáñez González, Vasco.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Vilavella, Triacastela.

Por mor destes pasamentos o Tribunal Militar Territorial de Lugo incoou a causa 503/43, que se resolveu con sentenza de sobresemento segundo resolución do día 09/06/1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.