Nacemento:
Morte:
Obreiro. Obreiro do Ferrocarril.
Militante do PCE e membro da Sociedade Obreira Campesiña de Xares, da UXT.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Botouse ao monte a finais de 1936.
Un grupo notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis. Contrario a chegada dos asturianos e aos seus intentos de control das partidas, Manuel Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.
En 1940 pasou á partida de Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre, co resto da partida de Bailarín. Operaron no Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Gudiña, A Cabreira e Ponferrada.
Foi un dos guerrilleiros que o día 27/07/1940 tentaron saír de España vía Portugal. En xullo de 1940 formaban o grupo de Manuel Girón Bazán: Marcelino de la Parra Casas, Parra; José Vega Seoane, Ánimas; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Abelardo Macías Fernández, o Lebre, e Eduardo Pérez Vega, Tameirón, que tentaron pasar a Portugal e interceptáronos axentes portugueses. Tiveron que volver a España e continuar na loita armada.
Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
Despois do III Congreso figura na II Agrupación, á fonte dun destacamento.
O día 09/07/1945 participou nunha redada á Garda Civil, en Penas Brancas, A Edreira, na Serra da Corbaceira (Zamora), con Domingo Rodríguez López, Xirolo, Inca; Abelardo Macías Fernández, o Lebre e Miguel Cardeñas Lozano, o Cardeña, e outros compañeiros, na que deron morte a catro números. Tamén morreu el, o Ánimas, ao estouparlle unha granada que ía lanzar sobre a patrulla da Benemérita.
Nun primeiro momento identificaron o cadáver como o de Manuel Girón Bazán, Girón, quen non estivera presente no lugar destes acontecementos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.