← Volver atrás

Rodríguez López, Domingo

Alcume: o Tretas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Soulecín, San Miguel de Santigoso, O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Soulecín
- 18/12/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 35 anos. Compañeiro de Divina Valle Fernández. Fillo de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea; un dos seus irmáns, Rogelio, pasouse ao exército republicano polo que detiveron ao seu pai e a un irmán, que pasaron seis meses na prisión do Barco de Valdeorras.

Militante do PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

O día 18/10/1939 os seus pais finaron axustizados en Soulecín por un pelotón de lexionarios do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. Os catro irmáns Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxiron ao monte fuxiron ao monte e formaron parte do grupo que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín. Caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949.

As súas irmáns Consuelo Rodríguez López, Chelo, e Antonia Rodríguez López actuaron como axentes do Servizo de Información Republicano (SIR) e como enlaces da guerrilla, estiveron presas en varios cárceres. Cando a súa vida se puxo en perigo real, tamén escaparon ao monte.

Un grupo notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis.

Contrario á chegada dos asturianos e aos seus intentos de control das partidas, Manuel Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.

O primeiro en unirse ao maquis foi Domingo, no grupo de Manuel Álvarez Arias, Bailarín; máis tarde uníronselle os seus irmáns Rogelio, que se agochaba na casa paterna, e Sebastián, que desertou do exército franquista durante un permiso. Os falanxistas facíanlle a vida imposible á familia e o seu irmán Alfonso tivo que fuxir tamén ao monte.

No ano 1939 os falanxistas mataron aos seus pais, polo que as súa irmás Antonia Rodríguez López e Consuelo Rodríguez López uníronse aos seus irmáns varóns no monte. Colaborou en algunhas accións con Alfredo Yáñez Domínguez, Aguirre.

O día 09/07/1945, con José Vega Seoane, o Ánimas; Abelardo Macías Fernández, o Lebre, e Miguel Cardeñas Lozano, o Cardeña, participou nunha redada contra a Garda Civil, na que deron morte a catro números; tamén morreu o Ánimas.

Membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), despois do V Congreso mandou, no ano 1945, unha das guerrillas, que pertencían á II Agrupación que comandaba Mario Morán García.

Mozo de Albertina Fernández Rodríguez, encarcerada, que era irmá do guerrilleiro Odilo Fernández Rodríguez, Blas.

Morreu nunha emboscada da forza pública no seu pobo natal. Segundo a súa irmá Consuelo, matouno un veciño falanxista con dúas bombas de man.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.