Nacemento:
Morte:
Costureira, 62 anos. Casada co labrego Domingo Rodríguez Fernández, asasinado con ela; tiñan seis fillos. Veciños de Soulecín. Orfa de pai aos catro anos, comezou a traballar desde moi nena como costureira, ía polas aldeas coa máquina de coser na cabeza.
Nai de Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López; Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxidos ao monte despois do asasinato dos seus pais e que caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949. Nai tamén de Consuelo Rodríguez López, Chelo, e Antonia Rodríguez López que actuaron como axentes do Servizo de Información Republicano (SIR) e como enlaces da guerrilla, estiveron presas en varios cárceres e que cando a súa vida se puxo en perigo real, tamén escaparon ao monte.
Paseada.
En plena guerra civil o matrimonio colaborou coa resistencia antifranquista; a Amalia prendérona e deixárona en liberdade en abril de 1939.
Morte rexistrada no Barco de Valdeorras, sen que se mencione a causa da súa morte. Fusilaron ao matrimonio nunha carballeira preto da súa casa por non denunciar aos fillos fuxidos.
Asasinada co seu home en Soulecín por un pelotón de lexionarios que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. O lexionario que se encargou da súa execución a tiros foi o xixonés Luis Zarracina Rodríguez, quen sería axustizado o día 13/05/1940 por Rogelio e Sebastián, fillos do matrimonio executado.
Á parella soterrárona nunha fosa común en Soulecín.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.