Nacemento:
Morte:
Avogado, militar e político, 22 anos. Casado con Rosario Suárez Quiroga, filla do propietaria da Casa Grande de Viloria, O barco de Valdeorras (Ourense). Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Xurídico militar.
Falanxista. Pertenceu á xunta directiva de Falanxe Española (FE) na Coruña desde 1935, na que desenvolveu o cargo de secretario en 1938.
Represor.
Durante a guerra civil alistouse voluntario cos golpistas e serviu en unidades da Lexión no bando dos sublevados, no Corpo de Exército de Marrocos, nas frontes de Teruel e do Ebro. Resultou ferido en varias ocasións en combate nas frontes do Ebro e de Teruel; acadou o grao de tenente en xullo de 1937 por méritos de guerra.
Máis tarde sería un dos tenentes ao mando dunha columna do I Terzo da III Bandeira da Lexión, á que se lle ordenou a represión dos fuxidos na zona do Barco de Valdeorras en outubro de 1939. A bandeira asentouse na Casa Grande de Viloira.
O día 18/10/1939 estaba ao mando do pelotón de lexionarios que se desprazaron a Soulecín, San Miguel de Santigoso, O Barco de Valdeorras (Ourense), tras unha confidencia do cura José García, para deter aos irmáns Rogelio Rodríguez López e Sebastián Rodríguez López, fuxidos desde 1936 e 1938. Torturaron e remataron por asasinar aos pais dos escapados: Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea, de 54 e 55 anos; deixaron orfos a sete fillos, que co tempo se integraron na guerrilla, agás o irmán maior Francisco, que xa vivía noutro domicilio.
Ao día seguinte destas execucións, forzas do I Terzo estaban na procura de Gerardo Núñez Rodríguez, o Perdiguero, fuxido. Andar na súa busca deu como resultado os aforcamentos da súa moza, Remedios Rodríguez Cadórniga, e da nai desta, Concepción Rodríguez Cadórniga, o día 19/10/1939; penduráronas dunha cerdeira, nas proximidades da súa casa, a vista de todos os veciños. A irmá de Remedios, Felicitas Rodríguez Cadórniga, salvouse de ser colgada ao non estar na casa no momento no que se cometeron os asasinatos, pois apañaba patacas en San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras.
Polos mesmos feitos do encubrimento de Gerardo tamén colgaron, o día 23/10/1939, a tres dos seus irmáns: José Núñez Rodríguez, 30 anos; Francisco Núñez Rodríguez, 28 anos, e Ramón Núñez Rodríguez, 25 anos.
Andado o tempo, no ano 1941, integrouse no Corpo Xurídico Militar e acadou o grado de coronel; actuou como vogal e fiscal en moitos xuízos dos que saíron sentenzas de pena de morte ou cadea, cando era fiscal xefe da Auditoría de Guerra da 8ª Rexión Militar.
A máis recoñecida foi a causa 36/47 na que xulgaron en consello de guerra sumarísimo na Coruña, o día 30/07/1947, a un total de 56 persoas acusadas polo fiscal Sergio Peñamaría de Llano de pertencer ao PCE, de colaboración coa guerrilla e do reparto de propaganda.
No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.
Nomeárono alcalde da Coruña o día 24/04/1959, na sucesión de Alfonso Molina Brandao, recollendo un concello cunha débeda considerable; mantívose á fronte da alcaldía ata xuño de 1963. Impulsou as obras do Aeroporto de Alvedro, as bases da refinería, impulsou a implantación das fábricas da Coca-Cola e de Celtiberia, instalouse o reloxo floral, o aparcamento da Praza de Vigo, o mirador dos Castros, a fonte de Catro Camiños... Participou na venda da Casa Cornide aos Franco.
Procurador nas Cortes franquistas de 1959 a 1963 por ser alcalde da cidade herculina.
Acuñou a frase “La Coruña, ciudad en la que nadie es forastero”.
No ano 1959 seguía como fiscal xurídico militar e acadou o grao de xeneral auditor con destino no Consello Supremo de Xustiza Militar en 1978 e pasou á reserva en 1980.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.