Nacemento:
Morte:
Labrego, 25 anos. Veciño do Val. Irmán de José Núñez Rodríguez e de Ramón Núñez Rodríguez, asasinados con el pola Lexión, e de Gerardo Núñez Rodríguez, executado.
Executado.
Ao seu irmán Gerardo, fuxido, buscábano en outubro de 1939 as forzas do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que dirixía o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. Andar na súa procura deu como resultado os aforcamentos da súa moza, Remedios Rodríguez Cadórniga, e da nai desta, Concepción Rodríguez Cadórniga, o día 19/10/1939; penduráronas dunha cerdeira nas proximidades da súa casa, a vista de todos os veciños. A irmá de Remedios, Felicitas Rodríguez Cadórniga, salvouse de ser colgada ao non estar na casa no momento no que se cometeron os asasinatos, pois apañaba patacas en San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Polos mesmos feitos do encubrimento de Gerardo tamén colgaron, o día 23/10/1939, a tres dos seus irmáns: José Núñez Rodríguez, 30 anos; Francisco Núñez Rodríguez, 28 anos, e Ramón Núñez Rodríguez, 25 anos.
Gerardo consegue pasar a Portugal, onde o detivo a Garda Nacional Republicana (GNR), con Rogelio Rodríguez López, de Soulecín, e Constantino Santos Morán, de Bembibre (León). A estas tres persoas deportáronas a España e executáronas en Ourense en outubro de 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.