Nacemento:
Morte:
Barbeiro. Veciño de Soulecín. Fillo de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea, asasinados.
Fuxido. Executado.
Rogelio traballaba na sega en Tolocirio (Segovia) cando se produce o golpe dos militares, volveu á súa terra, mobilizárono os franquistas e enviárono á fronte de Oviedo (Principado de Asturias). Pasouse ao exército republicano, motivo polo que detiveron ao seu pai e ao seu irmán Sebastián, que pasaron seis meses na prisión do Barco de Valdeorras.
En outubro de 1937, coa caída da Fronte Norte, volveu a Soulecín e agochouse no faiado da casa durante 15 meses.
O día 30 de xaneiro de 1939 prodúcese un rexistro da Garda Civil e atopan a Rogelio e a Sebastián agochados; no enfrontamento a tiros morreu o garda civil Joaquín Seoane e ferido o número Jesús Rodríguez Polo. Os dous irmáns fuxiron ao monte e á súa nai e á súa irmá Consuelo detivéronas e encarceráronas no Barco de Valdeorras. Ao saber desta detención, o pai presentouse no cuartel e tamén o arrestaron.
Na casa embargáronlles todos os bens e vendéronlles o gando. Venderon o que tiñan e refixeron malamente a vida. Na súa casa tiveron acollida moitos dos fuxidos e todos os membros da súa familia convertéronse en enlaces da guerrilla.
O día 18/10/1939, os seus pais finaron axustizados en Soulecín por un pelotón de lexionarios do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que dirixía o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. Os catro irmáns Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxiron ao monte fuxiron ao monte e formaron parte do grupo que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín. Caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949.
As súas irmáns Consuelo Rodríguez López, Chelo, e Antonia Rodríguez López actuaron como axentes do Servizo de Información Republicano (SIR) e como enlaces da guerrilla, estiveron presas en varios cárceres. Cando a súa vida se puxo en perigo real, tamén escaparon ao monte.
Conseguiu pasar a Portugal e detívoo o día 05/03/1941, en Porto, a Garda Nacional Republicana (GNR) con Gerardo Núñez Rodríguez, o Perdigueiro, do Val, Rubiá (Ourense), e Constantino Santos Morán, de Bembibre (León). No enfrontamento morreron dous gardas e un lexionario portugueses. A estas tres persoas deportáronas a España.
Cando se atopaban os tres na cadea, Celia Valle Valle, dona de Bailarín, tentou axudalos pasándolles armas para que, co apoio de guerrilleiros do exterior, fuxiran; descuberta a acción executáronos no Cuartel de San Francisco, en Ourense.
Soterráronos aos tres nunha fosa común no cemiterio de San Francisco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.