← Volver atrás

Álvarez Arias, Manuel

Alcume: o Bailarín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 12/06/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e serrador, 28 anos. Casou o día 06/02/1932 con Celia Valle Valle; tiveron tres fillas e tres fillos: Encarnación, Óscar, Guillermo, Manuela, Alberto e Rosa. Veciños de Casaio Suso, Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense). Irmán por parte de nai de Ceferino Rodríguez Arias, Bailarín. Emigrado en Bos Aires (República Arxentina) e, á súa volta, estableceuse en Casaio, onde vivía a súa nai.

Militante confederal.

Fuxido. Executado.

No ano 1937 formou nun grupo de fuxidos nas zonas de Ourense, Valdeorras e Santa María de Casaio, despois de matar a unha veciña, Jovita Martínez Robleda, a Franca, quen o denunciara por cazar en tempo de veda.

Coñecedor da zona, sería un elemento indispensable para os fuxidos que chegaron á comarca despois da caída da Fronte Norte asturiana.

A súa dona, dúas cuñadas e a sogra comezaron a ingresar nos cárceres, a seren perseguidas e a sufrir rexistros por parte dos fascistas. Á súa dona encadeárona, as dúas cuñadas marcharon cara Portugal e á súa sogra, Encarnación Valle Carrera, prendérona e despois de torturala para que dixera onde se atopaba o seu xenro, guindárona ao río Casaio.

Un grupo notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Formaban tamén nesta partida os irmáns Alfonso Rodríguez López, Domingo Rodríguez López, Rogelio Rodríguez López e Sebastián Rodríguez López; tamén se atopaban Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo; Antolín Murias, Paciencia, e Eduardo Pérez Vega, Tameirón.

Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis.

Puxo, con Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre, en contacto ao grupo asturiano de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, con Girón e Parra, que se coñecían da fronte do Principado de Asturias.

Contrario a chegada dos asturianos e aos seus intentos de controlar as partidas, Álvarez Arias entregouse á Garda Civil do Barco de Valdeorras (Ourense) o día 02/08/1940. Os seus compañeiros sospeitaron que os puidera delatar e puxéronse a salvo. Detivérono e trasladárono a Ourense.

Xulgado en consello de guerra, posiblemente por testemuñas dos propios fuxidos e por vinganza, acusárono de actos delitivos no Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, a Veiga, Ponferrada (León), Puebla de Sanabria (Zamora) e o norte de Portugal. Acusado de 20 atracos, tres asasinatos e catro enfrontamentos coas forzas armadas co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono na Prisión Provincial de Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.