← Volver atrás

Yáñez Domínguez, Alfredo

Alcume: o Aguirre, Quinito
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santa María de Xares, A Veiga
(Ourense)

Morte:

Sernande, Felgueiras, Porto
(Portugal)
- 05/11/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro. Veciño de Santiago de Corzos, A Veiga. Obreiro do Ferrocarril.

Militante do PSOE. Membro da Sociedade Obreira e Campesiña de Xares, da UXT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense polo delito de asasinato, na causa 7/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Declararon fuxidos neste proceso a: Juan-José Rodríguez Couso, Domingo Rodríguez Rodríguez e Alfredo Yáñez Domínguez.

Botouse ao monte no outono de 1936 con Manuel Álvarez Aias, Bailarín, formando un grupo que se mantivo activo nas comarcas da Cabrera, Ponferrada, O Barco de Valdeorras e A Gudiña, e aos que acusaron de tres asasinatos entre 1936 e 1943.

Formou parte dun grupo no monte. Unha partida notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis.

Con Manuel Álvarez Arias, Bailarín, puxo en contacto ao grupo dos asturianos de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, con Girón e Parra, que xa se coñecían da fronte do Principado de Asturias.

Contrario a chegada dos asturianos e aos seus intentos de control dos fuxidos, Manuel Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.

Pertenceu aos grupos que controlaba Marcelino Fernández Villanueva, Gafas.

No ano 1945 estaba en contacto coa II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG); colabora con Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca, na Serra de Corzos, pero non se adapta á FG e segue de xeito solitario.

O seu grupo disólvese e moitos pasan a Portugal; el actuou da cabalo da fronteira portuguesa, na provincia de Ourense, e faleceu nunha acción conxunta das forzas de policía de España e de Portugal o día 5 de novembro, cando o localizaron nunha casa en Sernande, preto da fronteira. Na acción detiveron a tres dos seus enlaces portugueses.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.