Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 26 anos.
Militante da UXT e do PSOE nas Médulas.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Mobilizado polo exército franquista desertou cara as liñas republicanas no ano 1939.
Prendérono os facciosos en Pamplona cando tentaba pasar a Francia, encarcerárono en San Marcos (León), de onde foxe en marzo de 1940 e incorpórase á guerrilla antifranquista.
Despois do golpe dos rebeldes, Abelardo Macías Fernández, o Lebre, organizou un grupo de resistentes do Bierzo na beira esquerda do río Sil e onde figuraban Enrique Oviedo Blanco; José-Miguel Blanco, Palitos; Manuel Álvarez Martínez, el Gaitero, e Gilberto Cuadrado Soto, Gipi, entre outras persoas.
Despois de fuxir do cárcere integrouse no grupo que mandaba Manuel Álvarez Arias, con quen tentou pasar cara Portugal.
Un grupo notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis.
Contrario á chegada dos asturianos e aos seus intentos de control dos fuxidos, Manuel Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.
O día 27/07/1940 formaban o grupo de Manuel Girón Bazán: Marcelino de la Parra Casas, Parra; José Vega Seoane, Ánimas; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Abelardo Macías Fernández, o Lebre, e Eduardo Pérez Vega, Tameirón, que tentaron pasar a Portugal; interceptados por axentes portugueses, tiveron que volver a España e continuar na loita armada.
Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 660/42.
En outubro de 1944, despois do IV Congreso da FG, nomeárono, con Evaristo González Pérez, Rocesvinto, responsable dun dos catro grupos da II Agrupación, actuando ao sueste da liña Ponferrada-Ourense.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 222/45.
Despois do congreso de reunificación de 1946, deixa a zona de Casaio, con Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, e pasa á zona da Cabrera, no grupo de Manuel Girón Bazán, Girón. No ano seguinte refuga entrar no Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 123/47.
Despois da desorganización da guerrilla en 1947/48 decidiu quedar no Bierzo.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 285/48.
Polo día 24/02/1949 está nun grupo coa súa compañeira Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz. Traizoados por un enlace, caeron nunha redada da Garda Civil nos montes de Ocero, Vega de Espinareda (León), na que abateron a Rodríguez López e a Enrique Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns feridos, puideron escapar.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 324/49.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 94/50, na causa 102/50 e na causa 241/50.
A primeiros do 1950 retirouse con Asunción á vila natal desta en Paradela de Muces (O Bierzo) para preparar a saída de España, mentres actuaba de xeito autónomo. Por mor dunha denuncia dun familiar da súa compañeira, o 27 de novembro dese ano 1950, o seu refuxio nunha corte de gando en pleno campo, cercárono forzas da Garda Civil coas que mantivo un duro enfrontamento ata que esgotou a munición. Estimando que a resistencia era inútil, matou a Asunción e logo Enrique suicidouse; cando todo rematou os gardas atoparon os dous cadáveres.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 59/51.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.