Nacemento:
Morte:
Labrego e aprendiz de xastre, 25 anos. Veciño de Carucedo.
Simpatizante republicano.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Cando comezou a guerra civil fuxiu ao monte, á zona da Cabrera, por medo e alí pasou moito tempo nun túnel romano (coñecido hoxe como o Túnel do Xastre), preto de Pombriego, Benuza (León).
Xulgado en consello de guerra en León na causa 468/37 e na causa 339/38.
No ano 1939 unírase ao grupo que organizara o cenetista Abelardo Macías Fernández, o Lebre, e onde se atopaban tamén Manuel Álvarez Martínez, el Gaitero; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e José-Miguel Blanco, Palitos.
Segundo as autoridades tería participado o día 14/04/1939 (oitavo aniversario da proclamación da II República) na execución de oito veciños de Lago de Carucedo (León).
A mediados de 1939 formaba parte dos grupos da zona de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
No verán de 1940 pasou a Portugal cun importante grupo de guerrilleiros coa intención de acadar Porto. O taxi no que viaxaba con catro compañeiros interceptouno, o día 12/08/1940, a Garda Nacional Republicana (GNR) portuguesa preto de Vinhais e no enfrontamento morreu un militar portugués e o fuxido Gilberto Cuadrado Soto. Pouco despois prenderon a Manuel Rodríguez Fernández e conseguiron saír ilesos do combate Marcelino de la Parra Casas, Eduardo Pérez Vega e Manuel-Luis Gómez Bueno.
Outros autores manifestan que morreu de frío o día 13/02/1941, cando trataba de escapar da policía portuguesa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.